martes, 30 de abril de 2013

A catástrofe do Prestige

O desastre do Prestige produciuse o 13 de novembro do 2002 cando un buque petroleiro resultou accidentado frente a Costa da Morte, mentres levaba 77.000 toneladas de petróleo.
Finalmente, o barco afundiuse a 250 km da costa. Isto provocou unha marea negra que causou unha das catástrofes medioambientais máis graves da historia da navegación. A zona afectada foi dende o norte de Portugal ata preto de Francia, saíndo peor parada Galicia.

Este desastre natural non afectou soamente a nivel paisaxísitico, senón que toda a riqueza animal das costas galegas viuse terriblemente afectada.
Moitos animais morreron a causa do "chapapote"
Os galegos e xente de toda España unironse para limpar centos de kilómetros de costa con palas, caldeiros, tinas e calquera tipo de material que estaba na súa man.
A pesar do esforzo da xente, fixo falta moito diñeiro para poder levar a cabo as tarefas de limpeza correspondentes. Por iso, numerosos grupos musicais e cantantes fixeron temas co fin de poder obter diñeiro e axudar a causa.

Xa pasaron 10 anos dende que ocorreu esta catástrofe. É importante non esquecer este suceso para que nunca se volva a repetir e que teñamos na mente a mensaxe que nos trasmitiron: NUNCA MÁIS.




1 comentario: