domingo, 26 de febrero de 2017

Chegou o Entroido!!

Chegou un dos días máis esperados de todo o curso: o Entroido.
A mañá comezou con normalidade, aínda que dende o primeiro momento xa se notaban os nervios propios do momento.
Como o tema deste ano do colexio é "Sinte o bosque", decidimos disfrazarnos de gnomos, xa que son personaxes que se adican a coidar os animais e o entorno.
Aquí temos as fotos nas que se observa como os nenos de 1ºC se transformaron nos gnomos do bosque xeométrico:
 Despois da sesión de fotos, chegou o momento do desfile polo cole:
Cando rematou o desfile, disfrutamos dunha merendola con produtos típicos do Entroido: orellas, filloas, rosquillas... Era preciso recuperar enerxía!
E, por suposto, non faltou a música e o baile para amenizar o momento.
Así foi o día de Entroido de 1ºC!


jueves, 16 de febrero de 2017

Os seres vivos... viven, sinten...

Chegamos ao mes de febreiro e vamos a aprender sobre os seres vivos, as súas funcións, tipos, formas de vida...
Para iso, cada neno de 1º C vámonos a convertir nun animal diferente e vamos a aprender sobre el para contarlle aos nosos compañeiros a información. Haberá baleas, serpes, avestruces... de todo!
No blog iremos mostrando a información, para que todo o mundo poda aprender con nós.
Empezamos as nosas investigacións sobre os animais, aquí temos algúns dos resultados acompañados por uns vídeos que nos poden servir para aprender máis cousas:
 - Irene buscou información sobre as NUTRIAS:
 - Eloy traballou para aprender sobre as SERPES:
- Noemí ensinounos moitos datos sobre as XIRAFAS:
- Sara explicounos moitos aspectos da AVESTRUZ:
- Noa traballou sobre as AGUIAS.
- Tito converteude nun experto en RAS:
- Samu contounos o que sabe sobre os ELEFANTES:
- Carlota sabe moitos datos sobre as BALEAS:
  - Paula expuso o seu traballo sobre os BUHOS:
  -A Adrián encántanlle os animais e investigou sobre os CANGUROS: 
  - Dani deunos información dun animal temible: O CROCODILO 
   - Lucas investigou sobre os MORCEGOS:
- Esmeralda investigou sobre os CABALIÑOS DE MAR:
 - Diego aprendeu moitas cousas interesantes sobre o TIBURÓN:
 - Aroa explicounos datos sobre as TARTARUGAS:
 - A Raul, que lle encantan os animas, contounos datos interesantes sobre as PÍNTEGAS:
- Jesús informouse sobre os PEIXES ESPADA:
- Iago traballou sobre os PINGÜÍNS:

Ademáis, aquí temos algúns xogos cos cales podemos seguir aprendendo mentres nos divertimos.

Un acontecemento importante deste mes foi o Día de San Valentín. Neste celebramos o amor e a amizade que sentimos un polos outros e escribimos postais para darllas aos nosos compañeiros, como vedes, traballamos un montón!