domingo, 17 de marzo de 2024

Chegamos á... Idade Contemporánea!

 Entramos xa no último trimestre do curso. Con el comezamos o último bloque de contidos, que se centra nunha etapa da historia moi intensa: a Idade Contemporánea.




jueves, 29 de febrero de 2024

SEGUIMOS APRENDENDO!

Estamos xa na recta final do 2º trimestre.

Comezamos o tema novo de Ciencias Sociais. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor o tema:


Estamos inmersos nunha morea de proxectos. Entre eles está a celebración da Reconquistiña. Pronto faremos o 1º obradoiro no cal nos ensinarán o ritmo que temos que levar cos tambores e as cancións. 
Aquí tedes as letras das mesmas: 
O CANCIÑO 
Eu teño un canciño, 
miña nai ten tres. 
O máis pequeniño 
durme nos meus pés. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten catro. 
O máis pequeniño 
durme no meu cuarto. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten cinco. 
O máis pequeniño 
sempre anda a brincos. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten seis. 
O máis pequeniño 
sempre come peixe. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten sete. 
O máis pequeniño 
co maior se mete. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten oito. 
O máis pequeniño 
merenda biscoito. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten nove. 
O máis pequeniño 
ui como se move. 

Eu teño un canciño, 
miña nai ten dez. 
O máis pequeniño 
ríllame nos pés.


O CUCO
 O cuco cuco cuqueiro, 
cuco cuco cuco.(bis) 
Madrugón e cantareiro, 
cantareiro e madrugón. (Bis) 

Foise pola carballeira 
o vello cuco souril. (Bis) 
O nace-la primavera 
entre o marzo e o abril. (Bis) 

(Retrouso) O cuco cuco cuqueiro.... 

O vello cuco cucou 
e moito máis cucará. (Bis) 
O cuco non me capou 
e nunca me capará. (Bis) 

(Restrouso) O cuco cuco cuqueiro... 

 Polas mañás ben cediño 
o cuco canta cucú. (Bis) 
Como o teño por veciño 
eu trato ó cuco de "tú". (Bis) 

(Restrouso) O cuco cuco cuqueiro... (Bis)

viernes, 9 de febrero de 2024

CONTINUAMOS!

 Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a estudar o tema de Naturais sobre a nutrición:

Vamos a aprender dous poemas de Rosalía de Castro. Que mellor que facelo con música!


 


domingo, 28 de enero de 2024

NON MOVAS A CRISTA!

Este curso, o proxecto anual da biblioteca leva o nome de "A movida do SanSalva". Todo el xira en torno a música e serve para aprender partindo da mesma como fío condutor. Achégase o Entroido e entramos nun mundo cheo de posibilidades! 

Como os nenos e nenas de 6º están entrando na idade máis revolucionaria, non podíamos disfrazarnos doutra cousa... PUNKYS! 

Xa estamos traballando na clase nos complementos e temos algunhas sorpresas preparadas... 

Pero necesitamos a cooperación das familias para que a roupa sexa a máis acorde! Non é necesario que merquedes nada, co que teñades na casa e o que fagamos na clase apañarémonos! O importante é que aprendamos e gocemos xuntos, non que o disfraz sexa perfecto.
Aquí tedes algunhas guías que vos poden servir de axuda:

1. A roupa: será suficiente cunha camiseta negra sinxela (con ou sen mangas) e se tedes algunha con estampado "punky" como unha calaveira ou o nome de calquera grupo de música (ex "Los Ramones"), xa sería ideal. Os pantalóns serían o máis axustados posible (pitillo), que sexan preferiblemente negros, grises ou estampados con cadros. Quen teña pode traer unha cazadora de coiro, algún chaleco... 
Os zapatos poden ser botas negras, canto máis grosas e grandes mellor, unhas zapatillas tipo "Converse" ou, se non temos, os zapatos/tenis máis oscuros que teñan.
Cómo hacer un disfraz de punk - Paso 1
2. Complementos: calquera accesorio de coiro ou "plata": bonequeiras, pulseiras, collares, cadeas... Se alguén ten aros a presión tipo "piercing" para as orellas, o nariz ou a boca tamén pode utilizalos!
Cómo hacer un disfraz de punk - Paso 3

3. O peinado: é unha das partes máis importantes do disfraz. O máis característico é a crista! Os nenos de pelo curto téñeno sinxelo, cun pouco de gomina é fácil facelo. Se as nenas de pelo máis longo se atreven sería espectacular... Todo isto unido ás cores: verde, vermello, azul... Darémoslle cor ao noso disfraz! Aquí tedes algunhas ideas:

4. Maquillaxe: os que se atrevan poden pintar os ollos con delineador negro. Tamén pintalabios negro ou dalgúnha cor oscura. 

E tamén teremos unha banda sonora!



martes, 9 de enero de 2024

A POLO 2º TRIMESTRE!

Comezamos o 2º trimestre coas pilas cargadas!!

Vamos a aprender en Ciencias Naturais sobre a función de nutrición. Vamos a dividila en 2 temas: un no que nos centraremos nos procesos que interveñen (os diferentes aparatos e as súas funcións) e outro na alimentación.

Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a reforzar o que demos na clase:

Recordade que tedes xogos sobre alimentación saudable neste enlace:

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Algo que tamén trataremos na clase será a prevención do tabaquismo e o alcoholismo. Partiremos dos seguintes vídeos e páxinas web para elaborar un triptico.

 



O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia. Este ano vamos a coñecer a figura de Narges Mohammadi, a quen se lle concedeu o Premio Nobel da Paz pola súa loita polos dereitos humanos en Irán.






miércoles, 20 de diciembre de 2023

REMATAMOS O 1º TRIMESTRE!

Chegou o fin do 1º trimestre do curso. Tres meses cargados de aprendizaxes, traballo, experiencias e momentos compartidos que deixan paso a un merecido descanso. 

Entre as moitas cousas que van a acontecer o trimestre que ven, está a visita dunha das autoras do libro "Caramomia". Por iso, vamos a aproveitar para pedirlle a Papa Noel ou aos Reis Magos que nos traian esta historia para poder lela e desfrutala! Recordade, en GALEGO!

Polo resto, solo queda desexarvos un Bo Nadal e que carguedes as pilas para continuar a tope en xaneiro!!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

CLIMAS E PAISAXES DO MUNDO

Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar co novo tema de sociais

 OS CLIMAS E PAISAXES DO MUNDO

Aquí podedes atopar uns xogos e información sobre a alimentación saudable. Lede, informádevos e, se o facemos todos, poderedes conseguir un premio... ¿Seredes quen de logralo?

XOGOS SOBRE ALIMENTACIÓN

Aquí tedes a versión en karaoke da canción que temos que practicar para o festival de Nadal.