miércoles, 28 de febrero de 2018

Os misterios do noso corpo

Comezamos os temas de Ciencias da Natureza do trimestre e vamos a aprender como funciona o noso corpo. Aquí temos algúns vídeos que nos poden axudar a entender como funcionamos:

Algúns xogos para repasar as partes do corpo humano son os seguintes:




Ánimo para afrontar o final do 2º trimestre!!

martes, 13 de febrero de 2018

O Entroido do Vicente Risco

Estamos no ecuador do mes de febreiro e. como agasallo para todos aquí temos algunhas fotos e vídeos do que ocurriu estes últimos días.
DISFRUTÁDEOS!



jueves, 1 de febrero de 2018

Febreiro... mes de cores

Comeza febreiro, o mes máis curto do ano, pero non por iso o menos intenso.
En Ciencias Sociais estamos traballando a poboación e os factores que o afectan. Aquí temos algún vídeo-resumo e xogos que nos servirán de repaso:


O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz facendo un pequeno acto relacionado co proxecto de centro: "Viaxamos polo mundo". Nel, cada aula, enviou a un colexio do país que están tratando unha postal desexando paz e felicidade. Na nosa clase, enviamos a postal a Romanía, ao colexio da nai e do pai de Alexandru. 
Postal escrita en galego e romaní
Os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de levar as postais a correos para que chegasen ao seu destino, aínda que no acto do cole tivemos un buzón simbólico.
Na entrada do cole, fixemos un mural na que se representan os países do mundo que estamos traballando.
Ademais, nese pequeno acto, quixemos facer a nosa pequena aportación para o día 15 de febreiro: Día Mundial contra o Cancro Infantil. Colaborando coa asociación "Bicos de papel" fixemos a seguinte foto enviando toda a nosa enerxía.

Esta semana volvemos á horta cos nosos compañeiros de 5º curso para ver como iban as plantacións que fixéramos no mes de novembro. 
Temos a sorte de que o profe Antón de 5º é todo un experto en botánica:
Apreciando o cheiro da menta

Distintas plantas aromáticas
Plantación a través do espichado
Dende o Vicente Risco seguiremos informando!