martes, 29 de marzo de 2022

As persoas e o lugar no que vivimos

En Ciencias Sociais estamos traballando a poboación e os factores que o afectan. Aquí temos algún vídeo-resumo e xogos que nos servirán de repaso:


 
Ademais, continuamos traballando diversos aspectos no colexio. 
Por unha banda, o noso proxecto coa Protectora de Vigo non para e dende o Faro de Vigo intentamos dar visibilidade á recollida solidaria que estamos realizando:

 
Tamén estamos a piques de rematar o traballo sobre o Camiño de Santiago. Como actividade final, levamos a cabo unha andaina por un tramo do camiño, o que vai pola Senda da Auga. Queredes ver o vídeo?