sábado, 12 de diciembre de 2015

Bo Nadal!

Despois dun duro trimestre de traballo no que aprendemos moitas cousas, chegamos a recta final.
Este trimestre rematámolo por todo o alto coa nosa saída a Pontevedra, onde disfutamos da obra "Lío en la granja". Gustounos moito e. ademáis, as profes estaban contentísimas porque nos portamos moi ben.
Hora da merenda 
Hora da merenda 
Hora da merenda 
Hora da merenda 
No teatro, esperando a que comezara a obra
No teatro, esperando a que comezara a obra
Chegou o Nadal e, con el, as vacacións.Debemos tomarnos un merecido descanso, pero sen esquecer que é moi importante que leamos (as lecturas que levamos do cole, un conto que nos guste, un cómic...).
Ademáis, podedes repasar algunhas das cousas que aprendemos este trimestre a través de xogos deste blog, tanto os de entradas anteriores, como os que se propoñen a continuación:







Queres coñecer a historia do Apalpador?? 


Ademáis podedes ver estes curtos de Nadal. Esperamos que vos gusten!
Apetécevos cantar algunha panxoliña? Aquí tedes algunha das que escoitamos na clase:
Os Reis Magos fixeron unha parada no CEIP Torre-Illa. Queredes ver como foi o noso encontro con eles?
Os Reis con Jorge e Iris
1ºA e 1ºB escoitando os consellos dos Reis
Os Reis regalan caramelos aos nenos
Os nenos cantándolle aos Reis unha panxoliña
Esta é a carta que os nenos de 1ºA lle enviamos aos Reis


BO NADAL!


martes, 24 de noviembre de 2015

O outono de 1º

O outono é a estación do ano na que nos atopamos. Nas clases de 1º estamos traballando e aprendendo moito sobre el (e sobre moitas outras cousas!)
Aquí tedes algúns recursos cos que poderedes seguir aprendendo e divertíndovos nas vosas casas.
- Xogos:





- Curtos, películas e videocontos:
- Cancións:

Ademáis, entre as actividades que fixemos, está o programa de Radio Carcamán. Aquí tedes as fotos e o audio de ese día, non deixedes de escoitalo!!

1ºA en Radio Carcamán
ESCÓITANOS!
1ºB en Radio Carcamán
ESCÓITANOS!
Estamos traballando os distintos tipos de alimentos na clase e aprendendo diferentes cousas sobre eles: se son de orixe animal ou vexetal, cales temos que tomar para ter unha dieta saudable...
Queredes saber cales son os nosos gustos? Pois aquí tedes a sinxela gráfica que elaboramos para traballalo!
En 1ºA, a nosa comida favorita son os lácteos
En 1ºB, o que máis nos gusta son as froitas

FELIZ OUTONO!

martes, 27 de octubre de 2015

O Samaín chega a 1º...

Neste tempo de medo, bruxas e cabazas, o colexio transfórmase e convértese nun lugar cheo de misterios e intrigas. 
Nas clases de 1º, non podía ser menos. Todos os nenos e nenas traballaron duro para que as súas clases desen moitísimo medo... e cremos que o conseguiron!
Aquí podedes ver as fotos que o demostran!
O Samaín de 1ºB
O exército de esqueletes de 1ºB
O taboleiro de 1ºA
Os nenos de 1ºA traballando nunha clase de medo... 
Clase de 1ºA


Porta de 1º A
Porta de 1ºB
Clase 1º B
Clase de 1ºB



Gustaríavos aprender xogando sobre o Samaín? Aqui tedes algúns enlaces!



Ademáis tamén podedes cantar algunhas cancións de medo!


E non deixes de ver estes curtos de medo!



PASADE UN SAMAÍN DE MEDO!!!!

lunes, 28 de septiembre de 2015

O noso corpo

O curso comezou e nos empezamos a traballar con moitas ganas.
O primeiro que vamos a facer neste curso é aprender algunhas cousas sobre o noso corpo; distintas partes, as articulacións, as diferenzas entre as persoas, os cinco sentidos...

Despois de traballar estes temas na clase, podemos comezar a repasar e aprender a través dalgúns xogos como os seguintes:


XOGAMOS COS SENTIDOS

OS NOSOS CORPOS SON DIFERENTES

Aquí temos uns vídeos moi interesantes que nos falan do noso corpo de forma moi divertida!


Tamén podemos aprender cantando!


domingo, 20 de septiembre de 2015

Benvidos

Os nenos de 1º do CEIP da Torre-Illa acabamos de comezar o curso e temos moitas ganas de aprender cousas novas.
Pero antes é importante que recordemos algúns contidos que xa coñecemos pero que poidemos esquecer ao longo do verán.
Para facelo, podemos repasar moi facilmente e de forma divertida a través dalgúns destes xogos:



Ademáis, nestes primeiros días de clase, acordamos que vamos a aprender cales van a ser as normas máis importantes que debemos cumprir. Primeiro comezamos con estas 3, pero pronto ampliaremos a algunhas máis.
Somos moitos! Temos que falar de un en un e baixiño!
Temos que entrar e saír da clase de forma organizada
Para falar ca profe temos que levantar a man
BO COMEZO DE CURSO!

lunes, 16 de marzo de 2015

O eclipse

O día 20 de marzo poderemos apreciar un eclipse de Sol.
Pero, temos claro o que é un eclipse? Comprendemos como se produce? Como podemos velo de forma segura?
Aquí tedes as respostas!