lunes, 19 de junio de 2023

BO VERÁN!!

Chegou a hora de despedirnos ata setembro. Foi un curso intenso, cheo de experiencias e aprendizaxes.

Agora toca desfrutar dun merecido descanso, o cal fará que comecedes 6º curso con forza e ganas.

Recordade que, aínda que non vos mande deberes, podedes repasar un montón de contidos simplemente co día a día. Aquí vos deixo algúns exemplos de como podedes facelo:

- Se vades a praia, non esquezades levar algún xogo para desfrutar coa familia. Valen dende as tradicionais cartas españolas, pasando polo "Uno" ou calquera xogo que vos guste.

- Se vades de vacacións interesádevos por coñecer o lugar ao que vades. Lede sobre el, mirade a que distancia está, calculade presupostos, valorade opcións... 

- Sede vós quen pague cando compredes xeados ou calquera outro produto, comprobade as voltas, facede estimacións de canto vades a gastar...

- LER. Lede o que vos guste: cómics, chistes, poemas, revistas... O que queirades! Todo serve para seguir aprendendo. Aproveito para dicirvos que o libro de Escarlatina que lemos este curso ten unha segunda parte e que se queredes saber máis da vida da protagonista este libro pode resolver moitas dúbidas!!


Tamén vos deixo no blog algúns xogos:

- Queredes aprender a escribir no teclado con rapidez? Aquí tedes uns xogos moi interesantes e divertidos:

- Aquí podedes darlle un pouco de caña a vosa lóxica, memoria e percepción:
BUBBLE
- Nestes xogos podedes recordar algunhas cousiñas que demos ao longo de 5º de Primaria:

domingo, 4 de junio de 2023

Rematamos... INVESTIGANDO!!

Para rematar o trimestre vamos a realizar un pequeno traballo de investigación sobre os inventos máis importantes da historia. As propostas son as seguintes:

      A IMPRENTA                       O AVIÓN                        O COCHE

     O ORDENADOR              A BOMBILLA           MÁQUINA DE VAPOR

    OS ANTIBIÓTICOS          O TELÉFONO               REDES SOCIALES (Video)

     A TELEVISIÓN              A FOTOGRAFÍA                AS VACINAS

Para levalo a cabo teremos en conta os seguintes pasos:

1º Escollemos un invento e buscamos información sobre él.

2º Lemos a información e seleccionamos aquela que consideramos a máis importante.

3º Comezamos a facer o traballo tendo en conta as seguintes partes básicas que debe conter:

1. Facer unha portada: deberá aparecer o nome do invento. Tamén o voso nome completo, curso e nome do centro. Podedes decorala de calquera forma que ilustre o contido.

2. Deberá ter un índice: nel aparecerán as partes nas que se divide o noso traballo (o título de cada parte) e en que páxina aparecen. Recordade que o índice será a páxina 1.
3. Desenvolvemento do traballo: previamente debemos escribilo en sucio, estruturando a información, as imaxes que vamos a utilizar, corrixindo faltas. Despois o escribiremos co procesador de texto (word).
ADIANTE!!!