jueves, 16 de enero de 2020

Comezamos o 2º trimestre!!

Retomamos de novo o curso coas pilas cargadas a tope para seguir aprendendo e disfrutando. Temos por diante un 2º trimestre cheo de aventuras!!
En Ciencias Sociais comezamos co tema da atmosfera e o clima. Para comprender mellor o estudado podemos ver os seguintes vídeos:

CAMBIO CLIMÁTICO

Algúns xogos de repaso son os seguintes:




Vamos a comezar a traballar en Plástica a un dos máis grandes pintores españois: Pablo Picasso.
Relacionándoo co Día da Paz, trataremos a súa obra máis representativa: O Guernica.

En Lingua Galega e Castelá estamos tratando o texto instrutivo. Como exemplo práctico do mesmo traballamos a receita. Cada neno/a da clase trouxo a súa e pronto elaboraremos o libro de receitas de 4º. Ademáis, Sara, Xosé e Rafa trouxeron a clase as súas receitas elaboradas: tortitas, leite fritida e dorayakis!
En xaneiro celébrase o día da Paz. No cole estamos preparando algo moi especial e terá como base a seguinte canción:

Quédanos por diante uns meses moi intensos e interesantes. A por eles!!