domingo, 24 de noviembre de 2019

Rapeando en novembro!

Novembro chega a súa recta final e nós non perdemos o ritmo!
Agora, en Ciencias da Natureza, vamos a traballar sobre os ecosistemas e as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:
Seguide repasando os ecosistemas con estes xogos interactivos!
                                                    EXPLICACIÓN DO ECOSISTEMA




Durante este mes vivimos grandes celebracións como, por exemplo, o Magosto. Ese día degustamos unhas deliciosas castañas e xogamos con elas a distintos xogos. Aquí temos algunhas fotos dese día:
Xogo de encestar a castaña e da carretilla.
3 en raia das castañas
Transportamos a castaña sen tocala coas mans.
Este mes, na clase de 4º, estamos traballando a poesía (entre outras moitas cousas). Unha forma de facelo é a través da creación de cancións. Concretamente, estamos tratando de compoñer un rap... Seremos quen de facelo? Pronto o saberemos...
Polo momento vamos a inspirarnos nun rap sobre as palabras homófonas (que entran no proximo exame! 😉 )



O 25 de novembro celebrouse o día contra a Violencia de Xénero. Para mostrar o noso apoio e a loita que debemos levar a cabo en favor da igualdade, levamos a cabo no cole unha serie de actos que, esperamos, deixen a súa pegada.
Todos os nenos e nenas do San Salvador construimos un pequeno muro contra a violencia utilizando material reciclado e escribindo mensaxes dende o corazón. Poñendo cada un de nós o noso gran, lograremos a verdadeira igualdade
Tamén viu ao cole Anxo Moure, un bohemio escritor e contacontos, e nos mostrou a receita para converter as malas novas da prensa en corazóns cheos de amor.



Seguiremos informando!!

jueves, 7 de noviembre de 2019

Comezamos novembro!

O inicio do mes de novembro é intenso e non paramos de aprender. 
En Sociais comezamos traballando sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 

- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.










Seguiremos informando!

viernes, 1 de noviembre de 2019

Un Samaín de medo!!

Rematamos o mes de outubro por todo o alto celebrando o Samaín. Nos últimos días estivemos facendo os preparativos que culminarían cunha gran celebración.
Primeiro, tendo en conta que este ano o proxecto do cole é sobre os oficios, preparamos unha "porta de medo" axeitada ao mesmo. Alguén coñece unha profesión que dea máis medo que esta?
Tamén, coa axuda das familias, os nenos e nenas de 4º axudamos a encher a sala do medo do cole con cabazas e manualidades terroríficas.

Aproveitamos o día de Samaín para facer unha merenda saudable acorde á data. Utilizamos plátanos e mandarinas terroríficas e desfrutamos dunha merendola todos xuntos.
E, por último, despois do recreo, celebrouse a 1ª edición de GOT TALENT no San Salvador. Estivo moi interesante e se demostrou que o noso cole rebosa talento e imaxinación.
Como 2º clasificado do concurso tivemos da nosa clase a Tiziano, que coas súas dotes de baile conquistou ao xurado. Pronto teremos vídeos das actuacións!!
 
 
Que nos deparará o mes de novembro? Seguro que ven cargado de sorpresas e momentos especiais :)

Seguiremos informando!