viernes, 15 de septiembre de 2023

COMEZAMOS CON ENERXÍA!

O primeiro tema que vamos a traballar de Ciencias Naturais é sobre a enerxía. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender os aspectos tratados na aula:

 
 
Algúns xogos cos que poderedes estimular a mente e traballar aspectos relacionados co tema son os seguintes:





Aquí tedes o esquema dos xéneros literarios que fixemos na clase de Lingua Castelá. Recordade que debe estar na vosa libreta!
A primeira tipoloxía textual que traballaremos este curso será a biografía e a autobiografía. Aquí tedes un pequeno vídeo explicativo de apoio ao que trataremos na aula.

Tamén podedes repasar os tipos de palabras que demos en 5º de primaria e que volveremos a tratar nas áreas das linguas.

domingo, 10 de septiembre de 2023

A MOVIDA DO SANSALVA

 Comezamos o 6º, o último curso da etapa de Primaria!!

Aproveitando que o proxecto do cole trata sobre a música, vamos a encher este último curso de ritmo e música.

Durante este ano coñeceremos diferentes estilos musicais e grupos galegos que seguro vos van gustar. Comezaremos con vellos coñecidos, pero con cancións de diferentes estilos e das que aínda non falamos na clase.

· Oliveira dos Cen anos: canción para a conmemoración do centenario do Celta de Vigo.

· Brais das Hortas: neste caso vades a escoitar unha canción que ten como base unha música tradicional andina, concretamente un carnavalito. O instrumento principal é un charango.

· Uxía Lambona e a banda molona: aquí tedes unha versión rap da canción tradicional galega A saia da Carolina
· Tanxugueiras: este grupo supuxo unha pantalla da música galega ao resto da Península. Ademáis de Terra seguiu publicando cancións de moitos temas e estilos demostrando que a música tradicional non está reñida coa modernidade.

A partir de agora vamos a coñecer moitos outros grupos, cantantes e cancións do panorama galego que tocan diversos estilos. Tamén cantaremos, bailaremos e aprenderemos!!

Estades listos?? A polo curso!!!