miércoles, 21 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Chegou o Nadal e é tempo de desfrutar e descansar. Aquí tedes algunhas recomendacións para pasar tempo en familia e, á vez, manter a mente activa.

Por unha banda, propóñovos unha serie de películas para que as miredes e as comentedes. Plantexádevos preguntas como: 

Por que se sinte así esta personaxe? 

Por que actuou desa maneira? 

Cres que tivo unha reacción axeitada? Por que?

Que farías ti no seu lugar? 

Todas as películas que vos propoño a partir de agora teñen un transfondo moi profundo, seredes quen de comprendelo??

A película de Encanto terá un especial protagonismo para nós o trimestre que ven! Non vola perdades!


O trimestre que ven vamos a ler o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Non esquezades pedirllo aos Reis Magos!!
 ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA — Librería Abrente
Tamén podedes saír a mercar coa vosa familia, gardar os tickets e calcular aproximadamente canto se gasta nunha comida de Nadal, canto tocaría pagar por persoa se dividírades os gastos, ler e facer receitas, calcular a distancia que recorredes se facedes algunha viaxe...

Non esquezades ler cada día a libreta de Naturais!

DISFRUTADE DAS VACACIÓNS DE NADAL!!

miércoles, 14 de diciembre de 2022

RECTA FINAL DO TRIMESTRE

 O primeiro trimestre chega ao seu fin. 

Aquí tedes O rap metal do Nadal que traballamos na clase:

Tamén podedes ver os últimos vídeos que vos servirán de repaso de Ciencias Naturais: