viernes, 31 de mayo de 2013

A Prehistoria e a Idade Antiga

A historia é unha parte fundamental da nosa vida. Grazas a ela podemos entender porque pensamos, falamos e actuamos da maneira que o facemos.
Ainda que pareza moi complicado aprender e estudar historia, moitas veces facémolo sen darnos conta.
A maioría de nós sabemos máis historia da que somos conscientes grazas a peliculas, debuxos, documentais, libros...
Por iso, vou a poñer os trailers dalgunhas películas que nos poden axudar a coñecer un pouco máis o noso pasado.
Comecemos con algunhas ambientadas na prehistoria:
Dinosaurio : nesta película podemos reparar, sobre todo, nas diferentes especies de dinosaurios que aparecen. Ademáis é unha película chea de valores positivos. Recoméndovola!
Caminando entre monstruos: vida antes de los dinosaurios: este é un documental no que se explica como foi evolucionando a Terra e os animais que nela habitaban ata chegar a haber os dinosaurios que hoxe en día coñecemos. É un documental da BBC que se pode ver integramente en youtube (se queredes acceder a el pulsade a palabra destacada).
En busca del Valle Encantado: esta película animada conta as aventuras de "Piecito", un diplodocus que vive numerosas aventuras xunto cos seus amigos. De novo, poderemos recoñecer diferentes tipos de dinosaurios.
Érase una vez el hombre: esta é unha serie de debuxos animados na que se explica en cada capítulo as etapas e situacións vividas ao longo da historia. Aquí temos o capítulo no que vemos os comezos da especie humana na Terra.
La odisea de la especie: este é un documental que nos mostra a evolución dende os primeiros seres humanos (chamados "orroris"). Pode resultar un pouco longo (o vídeo que se mostra é o documental completo), pero é interesante e bastante fiable. 
Por outro lado, podemos atopar peliculas e documentais relacionadas coa Idade Antiga. Sendo moi numerosas as que se ambientan nas grandes civilizacións (Exipto, Grecia, Roma).
Asterix e Obelix: a partir destes cómics fixéronse películas (animadas e "con actores"). Todos eles están baseados na loita dos galos contra a dominación das tropas romanas e a axuda que ofertan a outros paises.
A fiabilidade histórica destes relatos non exacta. Pero a través deles coñecemos moitos datos historicos que SI son certos cun toque de humor.
Película completa de "Asterix y Cleopatra" en dibujos animados.
Érase una vez el hombre: como xa citei anteriormente, nesta serie atopamos tamén capítulos que abarcan este ámbito da historia.


miércoles, 22 de mayo de 2013

Os símbolos de Galicia

O Estatuto de Autonomía establece os símbolos que representan á Comunidade Autónoma.
No caso de Galicia temos os seguintes:
- A bandeira: que é branca atravesada por unha franxa diagonal azul, que vai dende o lado superior esquerdo ao lado inferior dereito.
- O escudo: ten un caliz rodearo por sete cruces sobre un fondo azul. Na parte superior ten unha coroa real. As cruces representan os antigos sete reinos que conformaban Galicia.
- O himno: é unha composición musical con letra titulada Os pinos. Foi escrita por Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga.




martes, 7 de mayo de 2013

Rosalía de Castro

O día 17 de maio celébras en Galicia o Día das Letras Galegas, e para poder comprender a súa importancia débese facer referencia a poetisa galega máis importante da época: Rosalía de Castro.
Rosalía naceu en febreiro do ano 1837 en Santiago de Compostela. Era filla de María Teresa de la Cruz, unha fidalga, e don José Martínez Viojo, un sacerdote.
A súa nai, debido á "vergoña" non se fixo cargo dela e o seu pai non a recoñeceu como filla debido a súa condición de cura. Polo que foi entregada as súas tías paternas para que coidaran dela. E dicir, pasou a súa infancia alonxada dos seus pais.
No ano 1852, cando tiña 15 anos, Rosalía cumpliu o seu sono de vivir coa súa nai. Entre elas xurdiu un lazo de cariño e amizade moi forte.
Por motivos familiares mudáronse a Madrid, onde Rosalía coñece a Manuel Murguía co que casaría no ano 1858. Este foi capaz de percibir o talento da poetisa animándoa a escribir e presentándolle a moitos escritores destacados da época. Tamén se deu conta da estreita relación que gardaban os seus poemas cos seus sentimentos.
Manuel Murguía, home de Rosalía.
No ano 1862, morreu a nai de Rosalía, un duro golpe dos moitos que tería que soportar ao longo da súa vida. A este feito escribiulle unha breve colección de poemas chamada: A mi madre.
En 1963, Rosalía escribiu a súa primeira obra íntegramente en galego: Cantares Gallegos. Este poemario situouna como a principal precursora do Rexurdimento galego.
Outro dos seus libros en galego foi: Follas Novas (1880)
Froito do seu matrimonio tivo 7 fillos: Alejandra (1859-1937); Aura (1868-1942); os mellizos Gala e Ovidio (naceron en 1871 e morreron respectivamente en 1964 e 1900); Amara (1873-1921); Adriano (marzo de 1875- novembro 1876, morreu a consecuencia dunha caída); Valentina, que naceu morta en 1877.
Rosalía nunca chegou a recuperarse da morte do seu fillo Adriano, o que a sumiu nunha intensa dor o resto da súa vida. Chegou a escribir un poema en castelán no que falaba da morte do pequeno:
Era apacible el día 
y templado el ambiente,
y llovía, llovía,
callada y mansamente;
y mientras silenciosa
lloraba yo y gemía,
mi niño, tierna rosa, 
durmiendo se moría.
Debido as continuas depresións sufridas, a súa saúde foise debilitando. Finalmente, morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885.
Casa de Rosalía de Castro; que actualmente é un museo no que se
conservan moitas das estancias orixinais.
http://rosaliadecastro.org/
Moitos poemas de Rosalía foron versionados con música. A continuación preséntanse algúns deles: