martes, 7 de mayo de 2013

Rosalía de Castro

O día 17 de maio celébras en Galicia o Día das Letras Galegas, e para poder comprender a súa importancia débese facer referencia a poetisa galega máis importante da época: Rosalía de Castro.
Rosalía naceu en febreiro do ano 1837 en Santiago de Compostela. Era filla de María Teresa de la Cruz, unha fidalga, e don José Martínez Viojo, un sacerdote.
A súa nai, debido á "vergoña" non se fixo cargo dela e o seu pai non a recoñeceu como filla debido a súa condición de cura. Polo que foi entregada as súas tías paternas para que coidaran dela. E dicir, pasou a súa infancia alonxada dos seus pais.
No ano 1852, cando tiña 15 anos, Rosalía cumpliu o seu sono de vivir coa súa nai. Entre elas xurdiu un lazo de cariño e amizade moi forte.
Por motivos familiares mudáronse a Madrid, onde Rosalía coñece a Manuel Murguía co que casaría no ano 1858. Este foi capaz de percibir o talento da poetisa animándoa a escribir e presentándolle a moitos escritores destacados da época. Tamén se deu conta da estreita relación que gardaban os seus poemas cos seus sentimentos.
Manuel Murguía, home de Rosalía.
No ano 1862, morreu a nai de Rosalía, un duro golpe dos moitos que tería que soportar ao longo da súa vida. A este feito escribiulle unha breve colección de poemas chamada: A mi madre.
En 1963, Rosalía escribiu a súa primeira obra íntegramente en galego: Cantares Gallegos. Este poemario situouna como a principal precursora do Rexurdimento galego.
Outro dos seus libros en galego foi: Follas Novas (1880)
Froito do seu matrimonio tivo 7 fillos: Alejandra (1859-1937); Aura (1868-1942); os mellizos Gala e Ovidio (naceron en 1871 e morreron respectivamente en 1964 e 1900); Amara (1873-1921); Adriano (marzo de 1875- novembro 1876, morreu a consecuencia dunha caída); Valentina, que naceu morta en 1877.
Rosalía nunca chegou a recuperarse da morte do seu fillo Adriano, o que a sumiu nunha intensa dor o resto da súa vida. Chegou a escribir un poema en castelán no que falaba da morte do pequeno:
Era apacible el día 
y templado el ambiente,
y llovía, llovía,
callada y mansamente;
y mientras silenciosa
lloraba yo y gemía,
mi niño, tierna rosa, 
durmiendo se moría.
Debido as continuas depresións sufridas, a súa saúde foise debilitando. Finalmente, morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885.
Casa de Rosalía de Castro; que actualmente é un museo no que se
conservan moitas das estancias orixinais.
http://rosaliadecastro.org/
Moitos poemas de Rosalía foron versionados con música. A continuación preséntanse algúns deles:




1 comentario:

  1. aque a casa de ROSALIA DE CASTRO e super bonita

    non puxen signo de interogacion porque non sei poñelo

    ResponderEliminar