viernes, 31 de mayo de 2013

A Prehistoria e a Idade Antiga

A historia é unha parte fundamental da nosa vida. Grazas a ela podemos entender porque pensamos, falamos e actuamos da maneira que o facemos.
Ainda que pareza moi complicado aprender e estudar historia, moitas veces facémolo sen darnos conta.
A maioría de nós sabemos máis historia da que somos conscientes grazas a peliculas, debuxos, documentais, libros...
Por iso, vou a poñer os trailers dalgunhas películas que nos poden axudar a coñecer un pouco máis o noso pasado.
Comecemos con algunhas ambientadas na prehistoria:
Dinosaurio : nesta película podemos reparar, sobre todo, nas diferentes especies de dinosaurios que aparecen. Ademáis é unha película chea de valores positivos. Recoméndovola!
Caminando entre monstruos: vida antes de los dinosaurios: este é un documental no que se explica como foi evolucionando a Terra e os animais que nela habitaban ata chegar a haber os dinosaurios que hoxe en día coñecemos. É un documental da BBC que se pode ver integramente en youtube (se queredes acceder a el pulsade a palabra destacada).
En busca del Valle Encantado: esta película animada conta as aventuras de "Piecito", un diplodocus que vive numerosas aventuras xunto cos seus amigos. De novo, poderemos recoñecer diferentes tipos de dinosaurios.
Érase una vez el hombre: esta é unha serie de debuxos animados na que se explica en cada capítulo as etapas e situacións vividas ao longo da historia. Aquí temos o capítulo no que vemos os comezos da especie humana na Terra.
La odisea de la especie: este é un documental que nos mostra a evolución dende os primeiros seres humanos (chamados "orroris"). Pode resultar un pouco longo (o vídeo que se mostra é o documental completo), pero é interesante e bastante fiable. 
Por outro lado, podemos atopar peliculas e documentais relacionadas coa Idade Antiga. Sendo moi numerosas as que se ambientan nas grandes civilizacións (Exipto, Grecia, Roma).
Asterix e Obelix: a partir destes cómics fixéronse películas (animadas e "con actores"). Todos eles están baseados na loita dos galos contra a dominación das tropas romanas e a axuda que ofertan a outros paises.
A fiabilidade histórica destes relatos non exacta. Pero a través deles coñecemos moitos datos historicos que SI son certos cun toque de humor.
Película completa de "Asterix y Cleopatra" en dibujos animados.
Érase una vez el hombre: como xa citei anteriormente, nesta serie atopamos tamén capítulos que abarcan este ámbito da historia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario