jueves, 13 de junio de 2013

A Idade Media e Moderna

Cando cae o Imperio Romano de Occidente no ano 476 d.C, comeza unha nova etapa da Historia, a Idade Media.
En España, esta etapa está caracterizada polas continuas loitas dos distintos pobos: visigodos, musulmáns... Eran tempos de guerras e conquistas que fixeron que, hoxe en día, teñamos en España diversas testemuñas de cada unha das épocas.
Houbo unha época na que a cultura islámica xogou un papel fundamental na Península, que nese momento adquiriu o nome de Al-Andalus.
Algunhas constucións destacadas da época foron:
ALHAMBRA DE GRANADA
MEZQUITA DE CÓRDOBA
Debemos ter en conta que, nun momento concreto da historia, conviviron na Península o Islam e o Cristianismo. Podemos ver algunhas diferencias entre elas na seguinte páxina:
A medida que os musulmáns ían perdendo forza na Península, as cidades medievais ían formandose cunha estrutura moi clara. 
A Idade Media remata en 1492 co descubrimento de América, da man de Cristobal Colón
O ano 1492 non só foi importante en España polo descubrimento de América, se non que tamén se deu outro feito destacado na historia: a conquista de Granada.
Neste tempo déronse grandes descubrimentos e inventos. Sen dúbida, o que marcou un antes e un despois foi a imprenta.
Dende a Idade Media ata os nosos días, non paramos de inventar e crear obxectos e ferramentas que nos fixeron a vida máis sinxela como por exemplo: a bombilla, o teléfono, a máquina de vapor, o avión, o Internet, termómetro de mercurio...







No hay comentarios:

Publicar un comentario