sábado, 22 de junio de 2013

Vacacións de verán

Chegaron as ansiadas vacacións. Despois dun curso de traballo vades a ter tempo para xogar, ir a praia, descansar, mirar a televisión, ler... Pero non esquezades que durante este tempo é bo que repasedes e que volvades a ver os contidos que demos na aula para non chegar a 6º coa mente en blanco.
Pero como tamén vos merecedes un descanso, nesta última entrada do blog do curso, vou a recomendarvos algunhas películas que, se queredes, podedes descargar e miralas.
Donkey Xote: nos últimos días de clase xa vos falei desta película. Nela trátase a historia de Don Quixote dun modo divertido. Non é a real, pero ten moitos detalles que vos van a servir para acordarvos desas cancións de Mago de Oz que vos puxen na clase. :)
La Tierra sin humanos: este é un documental do que vos falei tamén na clase. Nel cóntase o que ocorrería se, de súpeto, desaparecesen todas as persoas. Aquí poderedes ver consecuencias a varios niveis, dende como os animais domésticos se convertirían pouco a pouco en salvaxes ata as grandes catástrofes nucleares que se darían sen o mantemento axeitado das persoas ás centrais. Este documental está enteiro en Youtube, polo que podedes velo por aquí completo.

Asterix e Obelix: xa vos expliquei que, ainda que sexan personaxes de ficción, moitos dos feitos que ocorren nestas películas fan referencia á realidade. As películas son moi divertidas e entretidas, polo que vos poño dúas que atopei completas en youtube e que tamén podedes mirar por aquí.
Asterix en América, conta como Asterix e Obelix "conquistan" o novo continente
Asterix e as 12 probas. Se queredes ver esta película con maior calidade 

Las tres mellizas: póde parecer que son debuxos para rapaces máis pequenos, pero son bastante curiosos e tratan temas que xa foron falados na clase. Neste caso, poño 2 capítulos: no 1º viven a aventura de Colón no seu descubrimento de América; no 2º, comparten aventuras co famoso Don Quijote de la Mancha.
A medida que vaia atopando novas películas ou series que me gusten para vós, subireinas e poderedes velas ao longo do verán.
Non me queda máis que despedirme de vós. Espero que sigades estudando e loitando por todo aquilo que queredes. Non vos rindades aínda que as cousas podan parecer complicadas nun principio, porque se vos esforzades poderedes lograr todo o que queirades. 
Espero que aprendérades algo comigo, porque eu aprendín moito de cada un de vós. Síntome orgullosa de ter sido a vosa mestra este curso.
Voume acordar sempre de vós. 
Bo verán!






No hay comentarios:

Publicar un comentario