martes, 9 de julio de 2013

Vacación de verán II

Xa fan case 3 semanas que rematou o colexio e, neste tempo, ocorréronseme novas películas que aconsellarvos para pasar os vosos ratos libres. 
Aquí está unha que, persoalmente, me gusta moito:
- Balto: esta é unha historia real que pasou hai algún tempo en Alaska, cando a pequena cidade de Maine foi "atacada" por unha epidemia. Gracias a Balto as menciñas necesarias para curar a os enfermos chegou a tempo, evitando a morte de moitos dos seus habitantes.
- Napoleón, el perrito aventurero: esta película conta a historia de Copito, un can aventureiro que quere ser chamado Napoleón. Aquí poderedes atopar diferentes tipos de animais e ver as súas costumes, ademáis de apreciar esta bonita historia.
- La Dama y el vagabundo: como vedes, estas películas teñen como personaxes centrais a os animais. Neste caso, é a historia de Dama, unha cadeliña que coñece a Golfo, un can da rúa. Non ten moi boa calidade, así que vos recomendo que a baixedes de internet se a queredes ver. 
Irei ingadindo novas películas a medida que se me ocorran.
Un saúdo para todos