martes, 30 de abril de 2013

A catástrofe do Prestige

O desastre do Prestige produciuse o 13 de novembro do 2002 cando un buque petroleiro resultou accidentado frente a Costa da Morte, mentres levaba 77.000 toneladas de petróleo.
Finalmente, o barco afundiuse a 250 km da costa. Isto provocou unha marea negra que causou unha das catástrofes medioambientais máis graves da historia da navegación. A zona afectada foi dende o norte de Portugal ata preto de Francia, saíndo peor parada Galicia.

Este desastre natural non afectou soamente a nivel paisaxísitico, senón que toda a riqueza animal das costas galegas viuse terriblemente afectada.
Moitos animais morreron a causa do "chapapote"
Os galegos e xente de toda España unironse para limpar centos de kilómetros de costa con palas, caldeiros, tinas e calquera tipo de material que estaba na súa man.
A pesar do esforzo da xente, fixo falta moito diñeiro para poder levar a cabo as tarefas de limpeza correspondentes. Por iso, numerosos grupos musicais e cantantes fixeron temas co fin de poder obter diñeiro e axudar a causa.

Xa pasaron 10 anos dende que ocorreu esta catástrofe. É importante non esquecer este suceso para que nunca se volva a repetir e que teñamos na mente a mensaxe que nos trasmitiron: NUNCA MÁIS.




jueves, 25 de abril de 2013

O libro

Os rapaces de 5º, por mor da celebración do Día do Libro, van a facer a súa propia versión da canción O libro de Pablo Díaz. Esta versión centrarase nos libros de aventuras. Este foi o resultado:

Eu teño 10 anos e chámome Stilton e gústame ler moitísimos libros.

Ter un libro novo é unha loucura e así vivimos millóns de aventuras.

Un libro está sempre comigo e así pode ser o meu amigo (...)

(...)

Tintín tiña un libro ao carón da cama para poder ler toda a semana.

E na biblioteca pódennos prestar os máxicos libros que nos fan voar.

(...)

Eu leo e leo, así estou ledo, eu leo de todo e mesmo a Tadeo,
libros de aventuras teño a montóns e non dou contado esta canción.

(...)


Animádevos a cantala coa nosa letra particular!

martes, 23 de abril de 2013

As paisaxes de Galicia

Os galegos vivimos nunha terra fermosa, na que existen diversos paisaxes únicos e irrepetibles.
Por un lado, podemos tratar brevemente o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Está formado polas illas galegas de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. 
As Illas Cíes teñen un valor natural incalculable. Está situada ao final da Ría de Vigo.
A Praia de Rodas foi catalogada a nivel mundial como a mellor praia do mundo.

Illa de Ons está situada na Ría de Pontevedra.

A Illa de Sálvora sitúase na boca da Ría de Arousa.

A Illa de Cortegada atópase no interior da Ría de Arousa.

Ademais das illas, tamén posuimos espazos como o Parque natural das dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán ou a Ribeira Sacra.

O Parque natural de Corrubedo localízase no vértice occidental da península de Barbanza, entre a Ría de Arousa e a de Muros e Noia (Ribeira). A súa superficie é de 996,25 hectáreas e comprende as dunas e praia xunto as lagoas de Vixán e Carregal.
A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as Ribeiras do Miño e do Sil. Na fotografía podemos ver os Cañóns do Sil dende o miradoiro de Cabezoas, no municipio de Parada do Sil, na provincia de Ourense.
                             http://www.turismoenxebre.com/2010/04/canons-do-sil.html

A Illa de San Simón e San Antonio son un enclave pertencente ao municipio de Redondela, famosas pola sua beleza e historia.

Esta pequena pincelada de Galicia non pode apreciar toda a beleza que nos rodea, xa sexa pola situación privilexiada que posuimos xeográficamente ou pola acción humana que, aínda que ,en ocasións, non fai máis que danar a paisaxe, tamén pode creae verdadeiras obras de arte.
A Torre de Hércules na Coruña

A Catedral en Santiago de Compostela

As Murallas de Lugo

Neste vídeo atopamos diversas paisaxes galegas acompañadas por música celta.



viernes, 19 de abril de 2013

Los volcanes y los terremotos

Pocas cosas hay más impresionantes que un volcán en erupción.
Un volcán es una parte de la geosfera que comunica el manto con la superficie terrestre.
http://www.youtube.com/watch?v=lNtrQsHY8wI

Un terremoto sismo son sacudidas del terreno que se producen en la corteza terrestre a una determinada profundidad.