martes, 23 de abril de 2013

As paisaxes de Galicia

Os galegos vivimos nunha terra fermosa, na que existen diversos paisaxes únicos e irrepetibles.
Por un lado, podemos tratar brevemente o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Está formado polas illas galegas de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. 
As Illas Cíes teñen un valor natural incalculable. Está situada ao final da Ría de Vigo.
A Praia de Rodas foi catalogada a nivel mundial como a mellor praia do mundo.

Illa de Ons está situada na Ría de Pontevedra.

A Illa de Sálvora sitúase na boca da Ría de Arousa.

A Illa de Cortegada atópase no interior da Ría de Arousa.

Ademais das illas, tamén posuimos espazos como o Parque natural das dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán ou a Ribeira Sacra.

O Parque natural de Corrubedo localízase no vértice occidental da península de Barbanza, entre a Ría de Arousa e a de Muros e Noia (Ribeira). A súa superficie é de 996,25 hectáreas e comprende as dunas e praia xunto as lagoas de Vixán e Carregal.
A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as Ribeiras do Miño e do Sil. Na fotografía podemos ver os Cañóns do Sil dende o miradoiro de Cabezoas, no municipio de Parada do Sil, na provincia de Ourense.
                             http://www.turismoenxebre.com/2010/04/canons-do-sil.html

A Illa de San Simón e San Antonio son un enclave pertencente ao municipio de Redondela, famosas pola sua beleza e historia.

Esta pequena pincelada de Galicia non pode apreciar toda a beleza que nos rodea, xa sexa pola situación privilexiada que posuimos xeográficamente ou pola acción humana que, aínda que ,en ocasións, non fai máis que danar a paisaxe, tamén pode creae verdadeiras obras de arte.
A Torre de Hércules na Coruña

A Catedral en Santiago de Compostela

As Murallas de Lugo

Neste vídeo atopamos diversas paisaxes galegas acompañadas por música celta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario