jueves, 11 de diciembre de 2014

O Nadal de Pablo

O Nadal é unha época do ano moi especial. A xente está máis contenta. Isto débese a que é o momento en que nos xuntamos coa familia, dámonos agasallos uns aos outros, chegan Papá Noel e os Reis Magos... 
Ademáis as rúas decóranse e enchense de luces e cores, escoitanse panxoliñas... 
Tamén decoramos as nosas casas. Cada quen o fai a súa maneira. Uns poñen unha árbore grande, outros unha pequena, poñemos beléns, colgamos guirnaldas... 
Por exemplo, Pablo pintou e montou o seu propio belén de papel e quere que todos o vexamos. 
Este neno é Pablo, moi orgulloso do seu traballo
Ademáis, tamén lle escribiu unha postal aos seus compañeiros. 
Mickey e Pluto pintados por Pablo
Outra cousa boa do Nadal son as vacacións. Ao ter moito tempo podemos facer un pouquiño de todo: repasar o dado durante o curso, xogar, pasear... E tamén podemos aproveitar para ver estas pequenas series que son moi divertidas e interesantes. 
- O soldadiño de chumbo
- Os sete cabritiños

- O sapo e o raposo
- Doraemon 
Capítulos de Doraemon (PREME NA IMAXE)
- Os Bolechas
Capítulos dos Bolechas (PREME NA IMAXE)

E tamén quero recordarvos aos meus alumnos de Catoira que non me olvido de vos, e que aínda que non me vexades todos os días por alí non vos perdo a pista :)
BO NADAL A TODOS!