martes, 20 de diciembre de 2016

O Nadal chegou!

O 1º trimestre remata e da paso a unha das épocas do ano que aos nenos máis nos gusta: o Nadal.
Aquí temos algúns xogos cos que podemos repasar contidos do cole de forma divertida:





Tamén podemos dedicar un tempo a disfrutar de películas navideñas:

E non esquezades cantar moitas panxoliñas!
Aquí temos en exclusiva algunhas imaxes do festival de Nadal do cole. Pasámolo xenial!
Preparados para a nosa actuación!
Ao rematar a actuación toca a merendola!

Merendola de Nadal

Bo Nadal a todos!!




jueves, 24 de noviembre de 2016

A maxia do corpo humano

Non hai nada que debamos coñecer e coidar máis que o noso corpo, por isto levamos todo o mes de novembro traballando sobre o mesmo.
É moi importante que coidemos o noso corpo a través duns hábitos de hixiene saudables. Aquí temos algúns exemplos:
É moi importante que para coidar o noso corpo nos alimentemos de modo axeitado. 

Algúns xogos que nos poden axudar a aprender as distintas partes de forma divertida son os seguintes:




Aquí temos algúns vídeos que nos poden axudar a comprender a importancia do coidado do noso corpo.




martes, 8 de noviembre de 2016

Tempo de castañas e noces

Estamos en pleno outono e non paramos de aprender cousas sobre el. Vemos como as follas caen e o entorno énchese de cores amarelas, laranxas e marróns.
Unha das festas máis bonitas desta época do ano é o Magosto. No cole decidimos traballalo e aprender del. Así, aprendemos algúns refráns sobre a castaña, fixemos cucuruchos e, por suposto, comemos castañas asadas!

Nestes días fixemos unha excursión. Estivemos no Auditorio de Vilagarcía e disfrutamos dunha obra de teatro na cal aprendemos moito sobre os peixes que viven no fondo do mar. Pasámolo moi ben!
Aquí están as fotos que o demostran!
Aprender e divertirse! Esa é a clave!


jueves, 13 de octubre de 2016

Chega o outono!

Comezou o curso e os nenos de 1º xa estamos traballando con moita forza para aprender cousas novas. Estamos aprendendo a ler, a escribir, a sumar...
Aquí temos algúns xogos que nos poden axudar a recoñecer as letras, a  ler, a escribir e, tamén, a divertirnos






Ademáis, o 21 de setembro comezou o outono e, con el, todas as festividades máxicas que o envolven.
Por exemplo, traballamos o tema da vendima e o plasmamos neste mural.
Tamén comezamos a tratar o Samaín, a época máis temible do ano! Aquí están algunhas das cancións e contos que vamos a aprender:
Hai algo que de máis medo que un esquelete tenebroso? Pois que mellor maneira de superar os nosos temores que coñecendo o noso corpo a fondo.
Ademáis, podemos ver estas pelis para pasar moito medo!
Queredes ver como a clase de primeiro transformouse nun lugar tenebroso? Que se abran as portas do medo!!

Tamén temos na aula o noso calendario particular no cal anotamos cando cumplimos anos os nenos e nenas da clase e calquera acontecemento que teñamos que recordar.
Que pasedes un Samaín de medo!!



lunes, 6 de junio de 2016

Recta final!

Chegamos aos últimos días do curso! Primeiro está a piques de rematar! 
Estamos tratando de aproveitar ao máximo estes últimos momentos aprendendo e traballando o máximo posible.
Por exemplo, estamos tratando o importante que é a auga para a vida das persoas, os animais e as plantas. Sabíades que podemos atopar a auga en tres estados na natureza? Ou como se produce o ciclo da auga?


Tamén estamos comezando a aprender as horas. Estes son os vídeos que traballamos na clase.
A polo fin de curso!

jueves, 12 de mayo de 2016

Continuamos traballando!

Este trimestre, os nenos de 1º volvemos a ir a Radio Carcamán a falar do Día das Letras Galegas e do escritor ao que está adicado: Manuel María.
Non dubidedes en volver a escoitar os nosos programas!
Ademais estamos aprendendo moito sobre as plantas. Aquí temos un pequeno vídeo que nos explica algunhas dos aspectos tratados na clase.

Os nenos de 1º vamos a comezar unha pequena investigación sobre as plantas da Illa de Arousa, Que especies hai? Como son? Onde están? Aquí temos un pequeno vídeo dende o que van a partir as nosas investigacións.
As plantas serven para moitas máis cousas das que imaxinamos. Así que decidimos experimentar un pouco na clase.
O día 12 de maio plantamos unhas lentellas en 2 tarros distintos, un de cristal (que sae na foto) e outro de plástico. Ao día seguinte, no tarriño de cristal, xa comezaban a xermolar algunhas lentellas e, o día 18 de maio, cando chegamos da ponte, xa tiñamos as lentellas grandiñas.
Comprobamos como nacían máis rápido as que estaban no tarro de cristal, xa que lles daba máis a luz solar.
Tamén, como as herbiñas orientábanse sempre cara a luz da ventá.
Outro experimento que realizamos, foi a preparación de perfumes. Escollemos tres flores: unha rosa vermella, outra de cores variadas e outra flor distinta. Quitamos os pétalos e os metemos en auga.
Despois deixamos o resultado en repouso uns días e obsevamos como a auga collera a cor e o cheiro das flores... pero non cheiran demasiado ben!

Aquí temos algúns xogos dende os cales podemos seguir repasando contidos sobre as plantas.



Dende o CEIP Torre-Illa, seguiremos informando!!

viernes, 29 de abril de 2016

Os animais invaden o cole!

O terceiro trimestre avanza e no cole están comezando a ocorrer cousas ben curiosas... Os animais están invadíndonos! Que non o credes? Aquí temos as probas que o demostran!

Estes pequenos anfibios estiveron nas clases de primeiro uns días e observamos como nadaban e como saían a superficie para respirar.


A gata Lola viu ao cole a presentarnos aos seus catro gatiños. Así, observamos como os mamíferos maman da súa nai para alimentarse.



O último convidado ao cole foi Piti, un animal ovíparo que naceu nunha incubadora.

Como vedes, non hai mellor forma de aprender que vivindo estas experiencias tan bonitas!

jueves, 31 de marzo de 2016

Comezamos o 3º trimestre!!

Os nenos de 1º comezamos a recta final do curso con moitas ganas! Neste último trimestre vamos a traballar moitas cousas interesantes e moi importantes para cando pasemos ao curso seguinte.
Ademais pasou algo moi curioso nas clases... Estanse enchendo de todo tipo de animais!! Hai baleas, curuzas, tiburóns, tartarugas... Estamos aprendendo moitísimo!
Aquí temos alguns vídeos que vemos na clase sobre os animais que traballamos:
CERVOS
Sabíades que os cornos dos cervos poden pesar ata 10 kilos? Coma se colléramos 10 cartóns de leite!!

PAVO REAL
Sabíades que so os machos teñen esas plumas tan chamativas?

OURIZO
Sabías que os ourizos teñen moi pouca vista?

BALEA

CABALO

MORCEGO

GOLFIÑO
Sabías que os golfiños son mamíferos e teñen pulmóns coma nos?

CURUXAS

PINGÜÍNS

CROCODILO

TARTARUGA

CANGURO

OSOS

SAPO
Seguiremos aprendendo cos animais!

martes, 1 de marzo de 2016

Os animais

Na recta final do trimestre vamos a traballar un tema que nos encanta: os animais.
Aquí están algúns dos vídeos que estamos a traballar na clase!
Aquí tedes algúns xogos! Non deixedes de aprender xogando!





Tamén podemos cantar cancións sobre os animais!
Ademais de traballar os animais, aínda nos queda un tempo para adicarnos a máis cousas. Así, aquí podedes escoitar de novo o noso programa en Radio Carcamán.
O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. Na clase estivemos falando sobre o tema e a súa importancia. Aquí temos algúns vídeos moi interesantes que podemos ver.

Esta semana fixemos unha actividade moi chula. O avó dun neno de 1ºB viu a clase a ensinarnos como funciona unha balanza moi antiga, das que usaban fai moitos anos para pesar distintos produtos: mariscos, froitas... Aquí tedes algunhas fotos dese momento!



Queda moi pouco para o remate do 2º  trimestre!! 

martes, 23 de febrero de 2016

Coñecemos a Rosalía!!

Chegamos ao ecuador do segundo trimestre e seguimos traballando e aprendendo con moitas ganas.
O día 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, unha das escritoras galegas máis importantes da nosa historia. Por este motivo, as clases de 1º decidimos traballar para coñecer a súa vida e algúns dos seus poemas máis famosos.
Como fixo poemas tan fermosos, moitos cantantes lles puxeron música e resultaron cancións moi bonitas. Queredes escoitalas e aprendelos de forma divertida? Aquí tedes algúns!
- Adiós ríos, adiós fontes: este é un dos poemas de Rosalía con máis versións. Distintos ritmos pero unha mesma letra.

- Rosalía Pequeniña:
- Lela:
- Lugar máis hermoso:

- Maio longo:
Por último, podemos ver un lipdub feito por nenos co poema "Adiós ríos, adiós fontes":

lunes, 25 de enero de 2016

Tempos de PAZ

Xa fai unhas semanas que comezamos o 2º trimestre e, en todo este tempo, non paramos de traballar.
Por unha banda, estamos aprendendo moito sobre o lugar onde vivimos. Por iso, estamos elaborando un plano onde os nenos de 1º estamos colocando todos os elementos: as nosas casas, o colexio, o concello, a Praza do Regueiro...
Aqui temos algunhas das fotos do proceso, pero pronto poderemos ver o resultado.
Aquí temos algúns xogos cos que podemos repasar o que estamos traballando na clase dende a casa:


Ademáis, estase achegando unha época que nos encanta: o Entroido. Este ano vamos a traballalo durante máis tempo do habitual, xa que comezaremos esta semana, con motivo do Día da Paz, e remataremolo o día do entroido, disfrazándonos todo o cole de hippies.
Aquí temos algunhas das cancións que vamos a traballar na clase:
Así traballamos a Paz en primeiro!!
E, por fín, despois dunhas semanas intensas de moito traballo, chegou o día de recoller os froitos: o Día do Entroido!
Seras quen de atoparte no mural do entroido??


Tamén estamos traballando as decenas, as cales son un pouco difíciles de comprender. Por iso é bo que miremos este vídeo:
Permanecede atentos!! Que pronto haberá cousas novas coas que pasar un bo rato aprendendo!