domingo, 19 de diciembre de 2021

Vacacións de Nadal!!

 Rematou o 1º trimestre!!! Un tempo no que aprendemos, desfrutamos e vivimos momentos inesquecibles :)  Non esquezades visitar a páxina web do cole!! 

PÁXINA WEB

Agora toca repoñer pilas para coller con forza o resto do curso e o ano 2022.

Como xa sabedes, este curso estamos colaborando co Faro de Vigo no proxecto "Faro da Escola". A partir do mesmo, no 2º trimestre, vamos a realizar un pequeno traballo audiovisual sobre o Camiño de Santiago. 

Para levalo a cabo, cada neno e nena da clase deberá preguntarlle a algún familiar ou amigo que fixera o Camiño de Santiago algunhas cuestións como: que camiño fixo, cando, canto tempo tardou, que lugares coñeceu que lle gustaran especialmente, se viviu algunha anécdota que lle gustaría contarnos, se coñeceu a persoas doutros lugares... 

Tamén hai un apartado de fotografía, polo que sería moi interesante que, se tedes algunha foto relacionada co Camiño a traiades a clase (pode ser algunha paisaxe, a catedral, algún momento especial... o que se vos ocorra!). Se non podedes imprimila, enviádema co voso nome ao me correo: noeliaperezalonso@edu.xunta.es

Se pola contra, non coñeces a ninguén que o fixera, podes investigar un pouquiño coa familia por que lugares pasa,  por que se comezou, se vos gustaría facelo... 

A volta, con todo o que saibades concretaremos o traballo que vamos a realizar.

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

domingo, 5 de diciembre de 2021

Recta final do trimestre

O primeiro trimestre está a piques de rematar e nós non paramos de aprender e divertirnos 😂

En Sociais comezamos traballando sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 
- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.
É tan importante coidar o medio que diversos artistas compoñen cancións que teñen como fin concienciar e dar visibilidade a este problema.

Algúns xogos que nos poden axudar a repasar son os seguintes:





Deixamos tamén por aquí o videoclip que elaboramos coa canción "O Esqueleto" de Migallas.


Seguiremos informando!

jueves, 4 de noviembre de 2021

Os cinco sentidos en novembro!

Continuamos en Ciencias da Natureza con máis contidos relacionados co corpo. Neste caso concreto, repasamos os órganos dos sentidos e o aparato locomotor.

Mirade estes vídeos tantas veces como desexedes!! Axudaranvos a estudar os contidos deste tema!

Ademais, na clase de 4º estamos prerarando unha sorpresa moi especial con esta canción de "O Esqueleto" de Migallas... 





viernes, 8 de octubre de 2021

Outubro erupciona!

Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.

No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:
Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
Neste momento, estamos vivindo todo o que ocorre na illa de La Palma a través dos medios de comunicación. Aproveitamos a oportunidade para aprender sobre estes fenómenos eruptivos e para tomar conciencia de todas as consecuencias que ten sobre a vida das persoas.
  - Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
-Sabíades que no 2011 produciuse a tamén unha erupción noutra das Illas Canarias? Concretamente en El Hierro.
 - Como xurdiron os continentes do planeta? Que son as placas tectónicas?
Fixástesvos que na película de Ice Age 4 faise referencia á formación dos planetas? Quizais agora podedes mirala doutra maneira!
Recordades que vos falei do que aconteceu en Pompeya? A erupción do Vesubio pillou por sorpresa aos seus habitantes o que desembocou nunha catástrofe!

Que vos parece se agora repasamos con algúns xogos?




Non deixedes de investigar sobre os segredos que agocha o noso planeta!

lunes, 20 de septiembre de 2021

Comeza o curso 21-11

Comezamos un novo curso coa intención de enchelo de momentos e aprendizaxes!
Adaptarémonos a situación pandémica que nos tocou vivir pero iso non nos vai a impedir disfrutar ao máximo do curso!

Pouco a pouco comezamos a retomar as distintas áreas. Neste caso, traballaremos a nutrición humana, centrada na alimentación saudable e no coidado e coñecemento do noso corpo.
Aquí tedes algúns vídeos que vos poden servir para repasar:
Aquí tedes algúns xogos interactivos que vos poden axudar a repasar os contidos: 




Ademáis, na clase fixemos un pequeno taller no cal analizamos a cantidade de azucre dalgúns alimentos e comparamos o sabor do chocolate segundo o seu % de cacao:
Observamos os ingredientes de distintos alimentos
e catamos chocolate
Aquí tedes algúns vídeos curiosos que poden facernos reflexionar sobre a procedencia dalgúns alimentos que consumimos:
Espero que o disfrutedes!