jueves, 21 de junio de 2018

Rematou o curso!!

Despois de un curso cheo de aperndizaxes, traballo e momentos inesquecibles chegou o momento de despedirnos, pero non sen antes facer un breve repaso polos últimos acontecementos desta recta final.

Neste trimestre seguimos traballando na nosa pequena horta no colexio. Tivemos a sorte de que o profesor Antón de 5º é un experto en botánica e nos explicou unha morea de información moi interesante. Tamén colaboraron na horta os nenos e nenas de 1º e 2º.

Aquí temos unha das lendas de Romanía que traballamos: " A lenda de Martisor". Este vídeo debía formar parte da revista dixital pero, por problemas técnicos, non foi posible. Así que aquí vos deixo esta preciosa historia.
Tamén tivemos tempo para facer celebracións ao longo do curso. Aquí temos unha das moitas merendolas que disfrutamos.
O 20 de xuño tivemos a saída de fin de curso todo o colexio. Este ano practicamos kayak na Illa de Arousa, ademáis de facer un taller de cunchas e distintos xogos. Todos os nenenos e nenas do colexio, dende educación infantil ata 6º de primaria, portáronse moi ben. Ata os monitores do kayak nos felicitaron!
Tomando a merenda de media mañá
Taller de cunchas
Taller de cunchas
Antes do kayak tocou volver a botar crema solar por todo o corpo
Despois do kayak tocou repoñer enerxía

Despois de moitos ensaios, chegou a nosa gran actuación de final de curso coa canción de "Cuéntame un cuento" de Celtas Cortos, coa cal tratamos de facer un pequeno musical adaptándonos ao noso proxecto anual de centro: Viaxamos polo mundo.
E así remata un curso único, especial e moi útil. Os nenos e nenas aprenderon moito, pero eu, como mestra, tamén o fixen de cada un deles. Disfrutade do verán e seguide sendo así de extraordinarios :)

Profe Noelia