miércoles, 29 de marzo de 2023

Comezamos o último trimestre!

Comezamos o trimestre traballando sobre a reprodución dos seres vivos. Aquí tedes uns vídeos que vos poden axudar a estudar e comprender este tema:


A estrela de mar é un ser vivo ben curioso que pode reproducirse tanto sexualmente como asexualmente.
Se hai un animal curioso no mundo ese é o ornitorrinco. Queredes saber por que?

Nas linguas estamos traballando o pronome. Aquí tedes, un vídeo que vos pode axudar coa colocación e uso dos pronomes átonos e tónicos.

Deixovos por aquí un xogo ao que tedes que darlle caña á mente para poder superalo... Seredes quen de facelo?

jueves, 9 de marzo de 2023

A TOPE CO CURSO!

 Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar con tema que estamos traballando en Ciencias Sociais:



En Matemáticas traballaremos os planos e o espazo. Tedes aquí algúns vídeos que vos axudarán a recordar o explicado na clase.
 
Para finalizar este trimestre imos a traballar a entrevista. Non hai mellor forma de facelo que entrevistando.
Teremos a oportunidade de entrevistar a un cantante para nenos que usa a nosa lingua e distintos estilos musicais. Aquí temos algunhas das súas cancións:
Tamén deixo a letra e a música da Muiñeira de Sabaxáns, que cantaremos todos xuntos na Reconquistiña!

Axudádeme a cantare
mociñas da miña aldea.
Axudádeme a cantare 
que estou en terra allea.

Anque estou en terra allea
non vivo con cobardía,
que vivo coa esperanza
de volver á terra miña.

As mozas da miña aldea
eu direi quen elas son-e.
Delgadiñas de cintura
alegres do corazon-e.

Heime casar na montaña
que é terra de moito pan-e.
O forno da miña sogra
Cria silvas polo vran-e