viernes, 20 de diciembre de 2019

Fin do 1º trimestre!!

Rematamos o trimestre máis longo do curso. Estivo cheo de aprendizaxes e experiencias, polo que ben merecemos un descanso.
Nestas 2 semanas de vacacións, xogade, disfrutade, lede, descansade... Temos tempo para todo!
Por iso, vou a propoñervos algúns xogos, series ou películas para que disfrutedes do voso tempo á vez que repasades algúns contidos sen darvos nin conta:
· Podedes mellorar o voso galego mirando estes debuxos animados:







VOLTRON, O DEFENSOR DO UNIVERSO

· Aquí tedes algúns xogos cos que repasar un montón de contidos:









· Recomendacións lectoras:
 - Contos por palabras de Agustín Fernández Paz: falamos na clase deste autor que ten unha gran cantidade de libros que merecen moito a pena. Propóñovos comezar con este que é entretido, sinxelo e moi imaxinativo.

Rubicundo de María Canosa: esta historia fálanos de Rubicundo, un misterioso home cun oficio moi peculiar.
Escarlatina, a cociñeira defunta ou Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas: uns libros moi entretidos que comentamos na clase e que espertou a curiosidade de todos.

Estas soamente son unhas suxerencias, pero o mundo dos libros é inmenso e podedes ler todo o que queirades: cómics, poesías, lendas, contos...

Aquí temos algunhas fotos dos momentos vividos o día do festival:
Preparados para cantar o noso rap
Aquí temos un ensaio do noso rap na clase:
Aquí tedes a gran actuación no festival de Nadal:

Recordade que si queredes ver as actuacións do resto de cursos so tedes que ir a páxina web do colexio:


miércoles, 18 de diciembre de 2019

Recta final do 1º trimestre

Chegamos aos ultimos días do 1º trimestre e estes están cargados de actividades que nos deixan un bo recordo antes das vacacións de Nadal.
Por unha banda recibimos a visita de Elsa, coa que fixemos un pequeno taller de igualdade. Con ela analizamos catálogos de xoguetes e observamos que aínda quedan moitos estereotipos por superar.
 Tamén nos visitaron o Dinoseto e o Dinosetiño para falarnos da importancia das 3R: reduce, recupera e recicla. Explicaronnos a importancia da reciclaxe, como facelo de forma axeitada e os novos recolectores que podemos atopar en Vigo.
Ademáis, todo isto foi acompañado por unha canción moi pegadiza!
Dinoseto e Dinosetiño explicáronnos o referido á reciclaxe
Déronnos agasallos a todos os nenos e nenas
 Tamén recibimos a visita de personaxes do Nadal na clase, aos cales lle pedimos moi bos desexos!



domingo, 24 de noviembre de 2019

Rapeando en novembro!

Novembro chega a súa recta final e nós non perdemos o ritmo!
Agora, en Ciencias da Natureza, vamos a traballar sobre os ecosistemas e as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:
Seguide repasando os ecosistemas con estes xogos interactivos!
                                                    EXPLICACIÓN DO ECOSISTEMA




Durante este mes vivimos grandes celebracións como, por exemplo, o Magosto. Ese día degustamos unhas deliciosas castañas e xogamos con elas a distintos xogos. Aquí temos algunhas fotos dese día:
Xogo de encestar a castaña e da carretilla.
3 en raia das castañas
Transportamos a castaña sen tocala coas mans.
Este mes, na clase de 4º, estamos traballando a poesía (entre outras moitas cousas). Unha forma de facelo é a través da creación de cancións. Concretamente, estamos tratando de compoñer un rap... Seremos quen de facelo? Pronto o saberemos...
Polo momento vamos a inspirarnos nun rap sobre as palabras homófonas (que entran no proximo exame! 😉 )



O 25 de novembro celebrouse o día contra a Violencia de Xénero. Para mostrar o noso apoio e a loita que debemos levar a cabo en favor da igualdade, levamos a cabo no cole unha serie de actos que, esperamos, deixen a súa pegada.
Todos os nenos e nenas do San Salvador construimos un pequeno muro contra a violencia utilizando material reciclado e escribindo mensaxes dende o corazón. Poñendo cada un de nós o noso gran, lograremos a verdadeira igualdade
Tamén viu ao cole Anxo Moure, un bohemio escritor e contacontos, e nos mostrou a receita para converter as malas novas da prensa en corazóns cheos de amor.



Seguiremos informando!!

jueves, 7 de noviembre de 2019

Comezamos novembro!

O inicio do mes de novembro é intenso e non paramos de aprender. 
En Sociais comezamos traballando sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 

- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.










Seguiremos informando!

viernes, 1 de noviembre de 2019

Un Samaín de medo!!

Rematamos o mes de outubro por todo o alto celebrando o Samaín. Nos últimos días estivemos facendo os preparativos que culminarían cunha gran celebración.
Primeiro, tendo en conta que este ano o proxecto do cole é sobre os oficios, preparamos unha "porta de medo" axeitada ao mesmo. Alguén coñece unha profesión que dea máis medo que esta?
Tamén, coa axuda das familias, os nenos e nenas de 4º axudamos a encher a sala do medo do cole con cabazas e manualidades terroríficas.

Aproveitamos o día de Samaín para facer unha merenda saudable acorde á data. Utilizamos plátanos e mandarinas terroríficas e desfrutamos dunha merendola todos xuntos.
E, por último, despois do recreo, celebrouse a 1ª edición de GOT TALENT no San Salvador. Estivo moi interesante e se demostrou que o noso cole rebosa talento e imaxinación.
Como 2º clasificado do concurso tivemos da nosa clase a Tiziano, que coas súas dotes de baile conquistou ao xurado. Pronto teremos vídeos das actuacións!!
 
 
Que nos deparará o mes de novembro? Seguro que ven cargado de sorpresas e momentos especiais :)

Seguiremos informando!

jueves, 24 de octubre de 2019

As plantas

En Ciencias da Natureza comezamos a traballar os seres vivos, máis concretamente as plantas. A continuación podemos ver algúns vídeos que nos poden ensinar a comprender mellor os distintos aspectos:

Para traballar as plantas fixemos distintos experimentos.
Por unha banda, plantamos lentellas en 3 botes de iogur, coa diferenza de que un está ao aire libre, outro dentro dunha caixa cun burato e outra nunha caixa completamente pechada. Haberá algunha diferenza entre eles? En breve o saberemos!

Aquí tedes algúns xogos que vos servirán de repaso:



Ademais temos tamén outros xogos cos que repasar algúns contidos de lingua galega e castelá cos que repasar de xeito divertido:


jueves, 10 de octubre de 2019

Comeza un outubro especial

O mes de outubro comezou e chegou cheo de actividades moi interesantes.
Por unha banda, recibimos no colexio aos rapaces e rapazas da Escola de Música de Chapela, que nos amosaron os seus intrumentos e nos fixeron un pequeno concerto no que soaron as melodías de distintas películas moi coñecidas
 Algúns nenos/as tamén tiveron a sorte de poder probar os instrumentos.
Neste curso, na área de Educación Plástica, vamos a tratar distintos pintores e pintoras que deixaron e deixan a súa pegada no mundo.  Despois de traballar o puntillismo de Seurat (que retomaremos máis adiante), centrámonos na artista viguesa Vanesa Álvarez. Ela pintou diversos murais por Vigo, destacando os referidos ao programa "Expostas" dentro de "Vigo, cidade de cor". Todos eles teñen como protagonistas a mulleres e teñen como obxectivo reivindicar a presenza e a forza das mesmas nos distintos ámbitos.
#NINUNHAMENOS
#MULLERESDACONSERVA
#MULLERESNASLETRAS
Tivemos a sorte de que non soamente traballamos as obras, senon que recibimos na nosa biblioteca a Vanesa Álvarez e, por se fora pouco, viu acompañada polo poeta Marcos de la Fuente, que nos recitou algún dos seus poemas.
Que máis sorpresas nos deparará o mes de outubro??