viernes, 10 de marzo de 2017

Chegan as flores a marzo

Chegou o mes de marzo e nos non deixamos de aprender e traballar.
O día 8 deste mes celebramos o Día da Muller no cole. Para conmemoralo fixemos unha pequena actividade: escribimos cada neno da clase un adxectivo bo que podemos ter as persoas, e o pegamos no mural da entrada do cole, que se converteu nun photocall para os nenos/as, as familias e o profesorado.
Sigamos loitando pola igualdade de dereitos e o respecto cara todas as persoas!