martes, 24 de noviembre de 2015

O outono de 1º

O outono é a estación do ano na que nos atopamos. Nas clases de 1º estamos traballando e aprendendo moito sobre el (e sobre moitas outras cousas!)
Aquí tedes algúns recursos cos que poderedes seguir aprendendo e divertíndovos nas vosas casas.
- Xogos:





- Curtos, películas e videocontos:
- Cancións:

Ademáis, entre as actividades que fixemos, está o programa de Radio Carcamán. Aquí tedes as fotos e o audio de ese día, non deixedes de escoitalo!!

1ºA en Radio Carcamán
ESCÓITANOS!
1ºB en Radio Carcamán
ESCÓITANOS!
Estamos traballando os distintos tipos de alimentos na clase e aprendendo diferentes cousas sobre eles: se son de orixe animal ou vexetal, cales temos que tomar para ter unha dieta saudable...
Queredes saber cales son os nosos gustos? Pois aquí tedes a sinxela gráfica que elaboramos para traballalo!
En 1ºA, a nosa comida favorita son os lácteos
En 1ºB, o que máis nos gusta son as froitas

FELIZ OUTONO!