miércoles, 25 de junio de 2014

Vacacións de verán 2014 (II)

Xa levamos uns días de vacacións e estou moi contenta de que non vos esquezades de aprender xogando cos xogos que vos poño no blog.
Como vexo que vos gusta o que vos puxen na entrada anterior, vou a poñer algúns xogos novos para que non vos aburrades e sigades aprendendo.
· Matemáticas:
· Lengua:
· Coñecemento: 
Ademáis dos xogos, vou a poñervos algúns capítulos da serie "As tres mellizas", que sei que vos gustaron moito cando os miramos na clase.
Espero que vos gusten!! 
Se rematades os xogos e os capítulos e queredes máis so tedes que pedirmo!
Un saúdo a todos e bo verán!!


lunes, 23 de junio de 2014

Vacacións de verán 2014!!!

As vacacións chegaron e, con elas, o tempo de descansar e disfrutar do verán.

Pero non podemos esquecer que para estar preparados para o próximo curso debemos repasar un pouquiño todos os días. Ademáis de facelo a través de fichas e cadernos, vou a mostrarvos uns xogos que vos van a gustar e a través dos cales vades a pasalo ben ao tempo que vos divertides!

· Matemáticas:
· Lengua Castellana:
· Xogos xerales:
Espero que vos gusten moito estos xogos! Se queredes que suba máis so tedes que dicirmo nun comentario!

Posto que esta vai a ser a miña última clase con vos, quero que non esquezades nunca que non soamente eu vos ensino a vós como sumar, restar ou facer problemas, senon que eu aprendín tamén de cada un de vós cada vez que entraba pola porta da clase. 
Por iso espero que sigades sendo uns nenos tan bos, que vos sigades esforzando e darvos as grazas por cada momento que vivimos no cole.
Non vos vou a esquecer! :)

Ensaios antes da festa de fin de curso:

PASADE UN BO VERÁN!

martes, 17 de junio de 2014

Repasamos xogando

Durante este curso traballamos moito e aprendemos cousas que antes non coñeciamos.
O noso Sistema Solar particular
Coñecimos as mascotas
Tamén aprendemos que polas nosas rías pasean grandes animais como por exemplo o tiburón peregrino (recordade que so come fitoplanctón!!).
Tiburón peregrino

Está a piques de rematar o curso e soamente nos queda repasar todo o dado para que non o esquezamos e comecemos 3º coas pilas cargadas.

Para iso, propóñovos algúns xogos que vos van a gustar e que sirven para que repasedes o que demos mentres vos divertides.
Primeiro vou a enseñarvos un xogos nos que temos que recordar vocabulario que estudamos este ano, desenvolver a nosa memoria e estar moi atentos.

- PASAPALABRA:


domingo, 8 de junio de 2014

A nosa comunidade: Galicia

Algo que non debemos esquecer é que vivimos nun lugar privilexiado.
Na nosa comunidade podemos atopar todo tipo de paisaxes que o fan un lugar único: as praias, os acantilados, os ríos, as montañas, as chairas...
As provincias de Galicia son:
CORUÑA
Torre de Hércules
LUGO
Praia das Catedrais
Murallas de Lugo
OURENSE
Termas
PONTEVEDRA
Torres do Oeste (Catoira)
Illas Cies

A bandeira de Galicia é a seguinte:

Ademáis, en Galicia temos moitísimas tradicións, festas e comidas típicas.
Por exemplo, o Entroido é unha festa na que os galegos temos os nosos propios disfraces cos peliqueiros.
Nesta época temos como postres típicos as orellas de entroido e as filloas (se queredes ver as receitas so tedes que pulsar enriba das palabras destacadas). Recordade que en calquera época do ano son uns postres exquisitos!
Outra festa de Galicia que coñecedes moi ben é a Romaría Vikinga de Catoira.

Vivimos nun lugar privilexiado! Non dubidedes en investigar sobre a maxia e a beleza que nel se agocha!