domingo, 26 de abril de 2020

Rematamos abril!

En medio de toda esta situación tan rara, o tempo non para e estamos a piques de rematar o mes de abril.
Comezaremos o mes de maio coa esperanza de que, pouco a pouco, toda esta situación vaia mellorando. Polo menos xa podedes saír a pasear un ratiño! Xa queda menos para volver á normalidade! Recordade que temos que seguir sendo moi responsables para non dar pasos cara atrás!👌
Vamos a seguir repasando as distintas asignaturas:
- Matemáticas: esta vez vou a propoñervos 4 operacións e uns problemas. Escribídeos na vosa libreta e facédeos seguindo os pasos que sempre facemos na clase (datos-operacións-resultado). Coma sempre, para a semana colgarei os resultados:
 1- Calcula:
            54,6 + 453 + 9,75=
            47,3 - 7,95 =
            98.343 x 70=
            73.034 : 8 =
 2- Martín tiene en su hucha 24,5€. Su abuela le da 10€ y su padrino 9,85€. ¿Cuánto dinero tendrá en total?
· Quiere comprarse unos cómics que cuestan 19,25€. ¿Cuánto dinero le quedará después de comprarlos?
 3- Una panadería hace cada día 167 barras de pan. ¿Cuántas hará en una semana? ¿Y en un mes (30 días)? ¿Y en un año? (PISTA: piensa en cuántos meses tiene un año...)
 4- Marta está de cumpleaños. Como está a favor de una alimentación saludable, quiere hacer bolsitas de frutos secos para llevarle a sus compañeros de clase. Tiene 220 pistachos, 120 cacahuetes, 440 uvas pasas y 160 anacardos. Si en clase son 20 niños y niñas. ¿Cuántos frutos de cada uno llevará cada bolsita?
A continuación vos poño as contas da semana pasada coas súas respectivas solucións. Se tedes algunha dúbida, escribídeme ao correo:
- Lingua Galega: vamos a continuar traballando a comprensión lectora en lingua galega. Coma sempre, lede con moita atención o texto e contestade ás preguntas:
1- Completa:
 · Tema do texto:
 · Razóns a favor:
 · Razóns en contra:
 · Conclusións:
2- Que outras razóns a favor se che ocorren? E en contra? Escríbeas ordeadamente.
3- Busca no diccionario as seguintes palabras: século, avogar, vantaxes. Despois, escribe unha oración con cada unha delas.
4- Busca no texto:
 · 2 palabras agudas:
 · 2 palabras graves: 
 · 2 palabras esdrúxulas:
 · 2 palabras trisílabas:
 · 2 palabras polisílabas:

- Lengua Castellana: vamos a por los últimos ejercicios de repaso que haremos del libro de texto:
Pág.134 ejer. 8 (por lo menos 2 adjetivos)-9
Pág.135 ejer. 10-11-12
Xa sabedes, cando teñades as tarefas feitas, enviádemas ao meu correo electrónico e as devolvo corrixidas o antes posible. Recordade que é moi importante revisar antes de enviar! Así podedes localizar as faltas de ortografía e os erros vos mesmos.
Se tedes calquera dúbida ou queredes preguntarme algo, estou dispoñible para o que necesitedes! 😉

Visitastes a páxina web do cole? O día 23 de abril celebrouse o Día do Libro e, dende alí ofrecéronse recursos relacionados coa lectura. Tamén, dende a biblioteca do centro, propúsoxe a seguinte actividade voluntaria: que todos aqueles nenos e nenas que queiran (acompañados polas súas familias) poden facer un vídeo cun contacontos (podedes ler un libro que vos guste, usar títeres, disfraces... todo o que se vos ocorra!). Ese vídeo tedes que envialo ao correo electrónico do cole (ceip.sansalvador@edu.xunta.ese se publicará na páxina web para que todo o mundo poida velo, ¿atrevédesvos? Aquí tedes algún exemplo:

A continuación vos propoño unha serie de recursos a maiores para que podades estimular a vosa imaxinación e coñecementos á vez que vos divertides.
- ¿Sabedes o que é un Escape room? Consiste en superar unha serie de enigmas, adiviñas e averiguar claves para conseguir unha recompensa ou obxectivo. Aquí vos deixo un moi sinxelo, que podedes facer en familia e divertirvos un bo rato. Recordade utilizar lapis e papel para apuntar as pistas!
- Queredes coñecer máis a fondo aspectos sobre o mar? Entrade e aprendede!
O MAR A FONDO

- Tamén podedes aprender sobre o Universo. Tedes multitude de recursos:

Moito ánimo a todos! Xa queda menos!!

lunes, 20 de abril de 2020

Seguimos adiante!

Ola a todos! Continuamos este 3º trimestre con esta situación tan rara para todos, pero trataremos de levala o mellor posible. Sodes uns campións!
- Matemáticas: esta semana dividiremos o traballo en 2 partes. Por unha banda, vou a poñervos un vídeo que eu mesma elaborei sobre o que sería o tema co cal comezaríamos o trimestre: "Rectas e ángulos". É moi fácil. O único que tedes que facer é lelo con moita atención e copiar a información na vosa libreta de matemáticas (se non tedes a libreta facédeo nunhas follas a parte que logo gardaremos no arquivador). Se tedes algunha dúbida escribídeme ao meu correo e intentarei resolvela. 😃
O obxectivo é que cando volvamos a clase (ou cando o curso que ven o tratedes) xa vos soe esta información.
Aquí tedes máis información. Este vídeo soamente tedes que miralo, non o copiedes!
Por outra banda, debedes corrixir as operacións da semana pasada (comprobade que están ben, se non o están refacédeas e, se non vos sae, escribídeme a vosa dúbida ao correo).
Ademais, resolvede as seguintes operacións (de novo, a semana que ven escribirei os resultados).
               93.765+12.978=                               100.500- 97.625=
               9.273 x 78=                                       9815 x 56=
               98.345 : 9 =                                      98.345 : 45=         

- Lingua galega: seguimos repasando a comprensión lectora a través dun texto. Tedes que lelo con atención e responder as cuestións que vos fago a continuación (só tedes que copiar o título e as preguntas).
  Cuestións:
   1- Que feito trata o texto?
   2- Que razóns dá o autor do texto para defender a necesidade de salvar os bosques?
   3- Escribe a idea principal de cada parágrafo:
          Paragrafo 1:
          Paragrafo 2:
          Paragrafo 3:
          Paragrafo 4:
   4. Busca no dicionario as seguintes palabras: inestimable, decota, parcela e ácida. Despois escribe unha oración con cada unha.
   5. Divide as seguintes palabras en sílabas e rodea a sílaba tónica: bosque, talar, contaminación, árbores, animais, vexetacións, ácida, parcela, madeira.

- Lengua Castellana: seguimos con ejercicios de repaso de la última parte del libro.
Pág. 134 ejer. 2-3-4-5 (por lo menos 3 palabras de cada 1)
Pág. 134 ejer. 6-7

Cando teñades o de Lingua Galega e o de Lengua Castellana rematado, enviádemo ao correo e o corrixo o antes posible.
Podedes tamén enviar os apuntes que escribades sobre "Rectas e ángulos" e lles boto unha ollada. As operacións non son necesarias, xa que subirei os resultados a semana que ven.

Tamén vos propoño algúns xogos por se queredes aproveitar o voso tempo libre. Esta cuarentena estase facendo eterna!
- Atrevédesvos con este xogo? Seredes quen de descubrir o asasino?
- A estes xogos podedes xogar sós ou coa vosa familia. Quen sera o máis sabio?
ERES UN CIENTÍFICO SABIO?
ERES UN FRIKI DAS PLANTAS?

O alumnado con ACS, pode traballar distintas aprendizaxes a través dos seguintes enlaces:

Recordade que podedes consultarme calquera tipo de dúbida ou inquedanza a través dos comentarios deste blog ou do meu correo. Moito ánimo a todos!! 

martes, 14 de abril de 2020

Comezamos o 3º trimestre!

Sen dúbida este é o 3º trimestre co comezo máis peculiar que teremos na nosa vida (¡ou iso esperemos!).
Teremos que poñer todos da nosa parte para poder aproveitar o tempo o máximo que poidamos. Aquí vos fago a proposta de actividades para esta semana:
- Matemáticas: quero que repasedes o cálculo, que é básico e, as veces, aínda vos equivocades. Propóñovos que fagades as seguintes operacións. A semana que ven porei os resultados e vos mesmos debedes comparalos e correxilos. Se algo non vos sae escribídeme ao meu correo.
   23.598 + 9.453=                                          23,5 + 3,45 + 14=
   80.000 - 3.240=                                           345,34 + 98,9=
   56.354 x 9=                                                 45,9 - 9,53=
   9.357 x 37=                                                 400- 9,5=
   23.580 : 5=                                                  234 x 4,6=

- Lingua galega: lede con atención o seguinte texto e respondede as preguntas de comprensión lectora sobre o mesmo. Poñede nun folio o título e ide copiando e respondendo as preguntas:
              Cuestións: 1.Fai un pequeno resumo do texto
                                2. ¿Como se chama o protagonista da historia?
                                3. ¿Que lle di a súa nai do can?
                                4. ¿Onde lle fan a casa ao can?
                                5. ¿Que pasou ao final?
                                6. Escribe o significado das palabras: rañar, pazo e xeitosa. 
                                 (se non sabes algún búscao no diccionario- pode ser online).

-Lengua castellana: vamos a repasar algunos de los contenidos que ya hemos dado. En este caso son ejercicios del final del libro del 2º trimestre:
                                           Pág.132 ejer. 1-2-3
                                           Pág 133 ejer. 7-9  
Repartide o traballo ao longo da semana e facede un pouquiño cada mañán (por exemplo,cada día podedes facer 2 contas, un exercizo de lengua castelá e ler o texto e contestar a un par de preguntas de galego). Cando teñades o de Lengua Castellana e Lingua Galega podedes enviarme unha foto ao correo e o reenvío corrixido. Antes de enviar, acordádevos de repasar todo o que escribides. 

O escritor Óscar María Barreño ofrece as súas obras de maneira gratuita para que podades disfrutar delas. Picade no seguinte enlace e descubrídeas!
LECTURAS
Tamén tedes un cómic que ofrece o Instituto de Investigacións Mariñas. É moi interesante!
Seguen chegándome fotos de manualidades e outras actividades que estades levando a cabo nas vosas casas.
Tiziano fixo os seus propios ninjas reciclables.
Tiziano fixo esta maqueta de lego do Titanic tan chula!
Moito ánimo para todos! Espero que nos volvamos a ver o antes posible.
Por certo, supoño que xa vos pasastes pola páxina web do cole, pero se non o fixestes, vos deixo o vídeo que elaboramos todos os profes para vós con moito agarimo.

viernes, 3 de abril de 2020

Correccións

Fago esta pequena entrada para deixar as solucións a algúns exercizos propostos anteriormente, para que vos mesmos as corrixades e, se tedes calquera tipo de dúbida, por pequena que sexa, me escribades ao correo noeliaperezalonso@edu.xunta.es

Por unha banda, temos un exercizo pendente de Ciencias Sociais. Ese é o seguinte:
"Unha vila rematou o 2018 con 3985 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a natalidade foi de 459; a mortalidade de 395; inmigraron 199; emigraron 203. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?
DATOS                                         OPERACIÓNS
Natalidade: 459 +                  A poboación crece coa natalidade e a inmigración:
Mortalidade: 395 -                   459+199= 658
Inmigración: 199 +               A poboación decrece coa mortalidade e a emigración:
Emigración: 203 -                   395+203= 598
                                              3985+658= 4.643 -> 4643-598= 4.045

RESULTADO: O pobo comezou o 2020 con 4.045 habitantes.
                        Tivo un crecemento positivo, xa que aumentou os habitantes.

Tamén temos a ficha de repaso de Matemáticas. Aquí tedes as solucións e, repito, ante a mínima dúbida, escribídeme ao correo.