lunes, 20 de abril de 2020

Seguimos adiante!

Ola a todos! Continuamos este 3º trimestre con esta situación tan rara para todos, pero trataremos de levala o mellor posible. Sodes uns campións!
- Matemáticas: esta semana dividiremos o traballo en 2 partes. Por unha banda, vou a poñervos un vídeo que eu mesma elaborei sobre o que sería o tema co cal comezaríamos o trimestre: "Rectas e ángulos". É moi fácil. O único que tedes que facer é lelo con moita atención e copiar a información na vosa libreta de matemáticas (se non tedes a libreta facédeo nunhas follas a parte que logo gardaremos no arquivador). Se tedes algunha dúbida escribídeme ao meu correo e intentarei resolvela. 😃
O obxectivo é que cando volvamos a clase (ou cando o curso que ven o tratedes) xa vos soe esta información.
Aquí tedes máis información. Este vídeo soamente tedes que miralo, non o copiedes!
Por outra banda, debedes corrixir as operacións da semana pasada (comprobade que están ben, se non o están refacédeas e, se non vos sae, escribídeme a vosa dúbida ao correo).
Ademais, resolvede as seguintes operacións (de novo, a semana que ven escribirei os resultados).
               93.765+12.978=                               100.500- 97.625=
               9.273 x 78=                                       9815 x 56=
               98.345 : 9 =                                      98.345 : 45=         

- Lingua galega: seguimos repasando a comprensión lectora a través dun texto. Tedes que lelo con atención e responder as cuestións que vos fago a continuación (só tedes que copiar o título e as preguntas).
  Cuestións:
   1- Que feito trata o texto?
   2- Que razóns dá o autor do texto para defender a necesidade de salvar os bosques?
   3- Escribe a idea principal de cada parágrafo:
          Paragrafo 1:
          Paragrafo 2:
          Paragrafo 3:
          Paragrafo 4:
   4. Busca no dicionario as seguintes palabras: inestimable, decota, parcela e ácida. Despois escribe unha oración con cada unha.
   5. Divide as seguintes palabras en sílabas e rodea a sílaba tónica: bosque, talar, contaminación, árbores, animais, vexetacións, ácida, parcela, madeira.

- Lengua Castellana: seguimos con ejercicios de repaso de la última parte del libro.
Pág. 134 ejer. 2-3-4-5 (por lo menos 3 palabras de cada 1)
Pág. 134 ejer. 6-7

Cando teñades o de Lingua Galega e o de Lengua Castellana rematado, enviádemo ao correo e o corrixo o antes posible.
Podedes tamén enviar os apuntes que escribades sobre "Rectas e ángulos" e lles boto unha ollada. As operacións non son necesarias, xa que subirei os resultados a semana que ven.

Tamén vos propoño algúns xogos por se queredes aproveitar o voso tempo libre. Esta cuarentena estase facendo eterna!
- Atrevédesvos con este xogo? Seredes quen de descubrir o asasino?
- A estes xogos podedes xogar sós ou coa vosa familia. Quen sera o máis sabio?
ERES UN CIENTÍFICO SABIO?
ERES UN FRIKI DAS PLANTAS?

O alumnado con ACS, pode traballar distintas aprendizaxes a través dos seguintes enlaces:

Recordade que podedes consultarme calquera tipo de dúbida ou inquedanza a través dos comentarios deste blog ou do meu correo. Moito ánimo a todos!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario