miércoles, 25 de marzo de 2020

Traballo para o 26 e 27 de marzo


Seguimos coa cuarentena, pero sempre pensando que cada vez queda menos para poder volver á normalidade.
A continuación propóñovos algúns exercizos para o que queda de semana. Moito ánimo!
- Matemáticas: rematamos os exercizos propostos no libro. Desta vez realizaremos os seguintes:
Páx. 125 ex. 10-11-12-13-14-15
- Lingua galega: para levar a cabo a seguinte proposta, o 1º que tedes que facer e mirar o vídeo que vos poño a continuación. Mirádeo todas as veces que sexa preciso, xa que vos dará ánimos e ideas.
Despois, nunha folla en branco, escribiredes de título: "Cando pase todo isto" e debedes redactar un pequeno texto (de como mínimo 10 liñas) no cal expliquedes todo aquilo que vos apetece moito facer cando acabe este periodo tan raro, como credes que cambiará a vosa forma de ver o mundo, se valoraredes as cousas da vosa vida doutra maneira, que aspectos positivos podemos sacar deste tempo... Todo o que queirades expresar! 
Na parte de abaixo da folla facede un debuxo sobre o que escribistes. 
Porei no blog aqueles traballos que me enviedes (recordade sacar a foto coa mellor calidade posible e escribir de forma clara, tendo en conta os aspectos ortográficos e de estrutura- puntos, comas, parágrafos).

- Sociais: Vou a propoñer a realización doutro problema similar ao que xa fixemos. Copiádeo na libreta e facédeo ahí:
 "Unha vila rematou o 2018 con 3985 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a  natalidade foi de 459; a mortalidade de 395; inmigraron 199; emigraron 203. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?"

Así mesmo, deixo solucionado e explicado o problema que vos propuxen o luns. Se tedes algunha dúbida poñédemo nos comentarios ou escribídeme ao correo.
 "Nun pequeno pobo, o 2018 rematou con 2340 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a  natalidade foi de 352; a mortalidade de 315; inmigraron 209; emigraron 372. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?
  DATOS                                     Operacións
Natalidade: 352 +            A poboación crece coa natalidade e a inmigración:
Mortalidade: 315 -                         352+ 209= 561
Inmigrantes: 209 +         A poboación decrece coa mortalidade e a emigración:
Emigrantes: 372 -                           315+372= 687
                                         Para saber a poboación ao comezo do 2020:
                                            2340+ 561= 2901 -> 2901-687= 2214

 Resultado: O 2020 comezou nese pobo con 2.214 habitantes. 
                   O crecemento foi negativo porque a poboación diminuíu.

- Plástica: recordade que na entrada anterior tedes ideas para facer distintas manualidades e que podedes enviarmas ao correo para que todos as miren. ¿Animádesvos?
Blanca fixo estes debuxos en témpera, preciosos!
Debuxo de Xosé sobre o seu equipo
Sara animouse a facer este can lapiceiro ¡está chulísimo!
Iria animouse a facer uns Minions. ¡Quedaron xenial!
Raúl fixo unha caixa con pauciños e un ordenador con caixas.
Debuxou ata o teclado!
Nerea fixo unha morea de manualidades!
Chulísimas!
Tiziano fixo o seu propio marcapáxinas, chulísimo!
                                               
Ademáis de manualidades, hai algúns nenos/as que aproveitan para facer algunha actividade física.
Nerea ten a sorte de estar en plena natureza! Así que axuda coa leña.
Se estades facendo algunha actividade especial estes días para entretervos e queredes enviar algunha foto para que a poña no blog podedes facelo 😊
Moito ánimo! Cada vez queda menos para poder volver á normalidade!

5 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Se están chupados! Como moito nunha hora fas todo e se o repartes entre xoves e venres é un ratiño de nada!
      Moito ánimo!

      Eliminar
    2. Yo ya lo acabo de terminar

      Eliminar
  2. Yo ya te lo mande y aun no lo pusistes

    ResponderEliminar
  3. Ay si que lo pusiste��

    ResponderEliminar