miércoles, 18 de marzo de 2020

Suxerencias para entreternos :)

Aínda que non o pareza, do 19 ao 22 de marzo estaríamos nunha ponte. Así que vou a facervos algúnhas propostas para que poidades disfrutar un pouco destes días tan raros.
Primeiro, vou a proporvos algunhas películas que podedes ver:
- Wall E: trata dun robot que vive nunha terra deshabitada... Esta película fala da amizade e, sobre todo, das consecuencias que pode ter a contaminación na Terra.
- Up: se aínda non mirastes esta película... non perdades máis tempo!
- Rompe Ralph: se vos gustan os videoxogos, esta película está repleta de referencias a un montón deles. De feito, ten unha segunda parte que saiu fai moi pouco.
- Tu mejor amigo: se vos gustan as películas de animais, en concreto de cans... Non podedes perdervos esta! De feito saíu tamén a 2º parte por se esta vos gusta.
Ademáis, podedes ter en conta outras como Del revés, Ratatuille, Pocahontas, Bolt ... (se queredes ver os trailers so tedes que pulsar sobre cada palabra).

Tamén vos propoño algúns xogos interactivos para que pasedes un bo rato:

Espero que esta entrada vos axude a pasar un bo rato. 😀

3 comentarios:

  1. Hola profe soy Nikol y quería decirte que muchas gracias por poner estos juegos porque son muy divertidos y también quería decir que echo de menos a mis compañeros y a ti,bueno ahora si,¡Chao profesor Noelia!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Profe losiento!Puse "profesor" en vez de "profe" espero no importe :c

      Eliminar
    2. No te preocupes, ¡ojalá todos los males fueran eses! :p

      Eliminar