lunes, 15 de junio de 2020

FIN DE CURSO :)

Chegou o final deste curso tan inusual!
Cómo xa dixen na entrada anterior, nesta non vos vou a poñer deberes para a semana senón que serán as recomendacións que vos farei para que no verán traballedes un pouquiño. 
Por unha banda, cando o mércores recollades o voso material e os boletíns, atoparedes a seguinte nota:
Como vedes, hai unha morea de ideas que creo que vos poden gustar!

Tamén, xunto co voso material atoparedes o seguinte:
- Unha ficha sobre a carta, que xa estaba impresa cando comezou o estado de alarma, e que a envío por se a queredes facer durante o verán. É moi sinxela.
- O libro de "Poemar o mar", que non nos deu tempo a rematar e que vos gustara moito. Polo que tedes xa un libro en galego a man para ler nestas vacacións.
Xa que non poidemos disfrutar da visita de Antonio García Teijeiro, vos deixo este vídeo del léndonos un poema do libro. Espero que vos guste!

Ademais, vos propoño os seguintes xogos para que repasedes de xeito sinxelo e divertido 😊


(é preciso desbloquear o Adobe Flash)






Coma sempre vos digo, a mellor forma de mellorar o voso galego é falándoo, léndoo, cantándoo  e vendo películas, series ou debuxos  nesta lingua.
Aquí vos deixo algúns exemplos:



Soamente quero desexarvos un bo verán. Que o aproveitedes ao máximo, xa que teredes tempo a xogar, a descansar, a ir a praia, a disfrutar coa vosa familia e amigos... DISFRUTÁDEO!

Espero volver a vervos en setembro coas pilas cargadas e cunha situación moito mellor que a que nos tocou vivir neste curso. 

Un saúdo para todos.

Profe Noelia


No hay comentarios:

Publicar un comentario