lunes, 19 de marzo de 2018

Recta final do 2º trimestre!!

Estamos a punto de rematar o 2º trimestre e facémolo traballando en Ciencias da Natureza máis contidos relacionados co corpo. Neste caso concreto, repasamos os órganos dos sentidos e o aparato locomotor.
Mirade estes vídeos tantas veces como desexedes!!

miércoles, 28 de febrero de 2018

Os misterios do noso corpo

Comezamos os temas de Ciencias da Natureza do trimestre e vamos a aprender como funciona o noso corpo. Aquí temos algúns vídeos que nos poden axudar a entender como funcionamos:

Algúns xogos para repasar as partes do corpo humano son os seguintes:




Ánimo para afrontar o final do 2º trimestre!!

martes, 13 de febrero de 2018

O Entroido do Vicente Risco

Estamos no ecuador do mes de febreiro e. como agasallo para todos aquí temos algunhas fotos e vídeos do que ocurriu estes últimos días.
DISFRUTÁDEOS!



jueves, 1 de febrero de 2018

Febreiro... mes de cores

Comeza febreiro, o mes máis curto do ano, pero non por iso o menos intenso.
En Ciencias Sociais estamos traballando a poboación e os factores que o afectan. Aquí temos algún vídeo-resumo e xogos que nos servirán de repaso:


O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz facendo un pequeno acto relacionado co proxecto de centro: "Viaxamos polo mundo". Nel, cada aula, enviou a un colexio do país que están tratando unha postal desexando paz e felicidade. Na nosa clase, enviamos a postal a Romanía, ao colexio da nai e do pai de Alexandru. 
Postal escrita en galego e romaní
Os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de levar as postais a correos para que chegasen ao seu destino, aínda que no acto do cole tivemos un buzón simbólico.
Na entrada do cole, fixemos un mural na que se representan os países do mundo que estamos traballando.
Ademais, nese pequeno acto, quixemos facer a nosa pequena aportación para o día 15 de febreiro: Día Mundial contra o Cancro Infantil. Colaborando coa asociación "Bicos de papel" fixemos a seguinte foto enviando toda a nosa enerxía.

Esta semana volvemos á horta cos nosos compañeiros de 5º curso para ver como iban as plantacións que fixéramos no mes de novembro. 
Temos a sorte de que o profe Antón de 5º é todo un experto en botánica:
Apreciando o cheiro da menta

Distintas plantas aromáticas
Plantación a través do espichado
Dende o Vicente Risco seguiremos informando!


jueves, 11 de enero de 2018

A polo 2º trimestre!

Retomamos de novo o curso coas pilas cargadas a tope para seguir aprendendo e disfrutando. Temos por diante un 2º trimestre cheo de aventuras!!
En Ciencias Sociais comezamos co tema da atmosfera e o clima. Para comprender mellor o estudado podemos ver os seguintes vídeos:

CAMBIO CLIMÁTICO

Algúns xogos de repaso son os seguintes:




Quédanos por diante uns meses moi intensos e interesantes. A por eles!!

Achégase o Entroido e, tendo en conta o proxecto do centro "Viaxamos polo mundo" e que nos estamos traballando a Romanía, vamos a ir disfrazados co traxe típico.
Unha idea aproximada do que pretendemos lograr é a seguinte:
Os nenos e nenas que teñan na casa camisetas, pantalóns ou saias blancas para utilizalas co disfraz sería estupendo!!

Ademais, en relación co proxecto estamos tratando distintas cancións que falan da igualdade, da integración e do respecto. Escoitádeas tanto como queirades!


Seguiremos informando!


miércoles, 20 de diciembre de 2017

Superamos o primeiro trimestre!!!

Rematamos o trimestre máis longo do curso. Estivo cheo de aprendizaxes e experiencias, polo que ben merecemos un descanso.
Nestas 2 semanas de vacacións, xogade, disfrutade, lede, descansade... Temos tempo para todo!
Por iso, vou a propoñervos algúns xogos, series ou películas para que disfrutedes do voso tempo á vez que repasades algúns contidos sen darvos nin conta:
· Podedes mellorar o voso galego mirando estes debuxos animados:







ZOMBIE HOTEL

· Aquí tedes algúns xogos cos que repasar un montón de contidos:









· Recomendacións lectoras:
 - Cambiache o conto! de Pinto & Chinto: este libro vámolo a ler durante o 2º trimestre, ademais tratarase que o autor acuda ao cole para poder falar con el e entrevistalo en vivo e en directo. 

- Rubicundo de María Canosa: esta historia o coñecemos porque asistimos a súa representación teatral no teatro García Barbón. Pero, que mellor forma de coñecer a historia en profundidade que lendo o propio libro?
- Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas: se lestes "Escarlatina, a cociñeira defunta" non vos podedes perder esta nova entrega.
- A señorita Bubble de Ledicia Costas: esta escritora non deixa de ofrecerlle aos nenos e nenas libros moi divertidos e interesantes.
Estas soamente son unhas suxerencias, pero o mundo dos libros é inmenso e podedes ler todo o que queirades: cómics, poesías, lendas, contos...

Aquí temos algunhas fotos dos momentos vividos o día do festival:
Merendola
Brindis polo fin do primeiro trimestre
Os rapeiros do Vicente Risco

Pasádeo moi ben! En nada estamos de volta!!




martes, 21 de noviembre de 2017

A por todas en novembro!

Chegamos a segunda quincena de novembro e continuamos aprendendo sen descanso.
Agora vamos a traballar sobre os ecosistemas e as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:
Seguide repasando os ecosistemas con estes xogos interactivos!
                                                    EXPLICACIÓN DO ECOSISTEMA





Aquí temos tamén algúns xogos cos que seguir practicando as táboas de multiplicar:








Ademáis, tivemos a sorte de facer dúas saídas este mes.
Por un lado, asistimos a obra de teatro "Rubicundo" no teatro de García Barbón. Gustounos moito!
Aquí podemos ver un fragmento desta obra:


Tamén fumos ao Verbum, en Samil, e alí miramos a exposición "A aula do pasado". Nela observamos como eran as cousas nas escolas de fai uns cantos anos e canto cambiou respecto ao que hoxe coñecemos: como antes escribían con pizarríns ou plumas, como usaban o calco, os castigos daquela época... Aprendemos un montón!

Esta é unha base de rap que estamos traballando na clase... Pronto saberedes cal é a letra que o completa... 

Seguiremos informando!