domingo, 7 de junio de 2026

Proxecto fin de curso: "Que podemos facer no verán?"

O verán é un momento marabilloso para coñecer algunhas das testemuñas históricas que temos en Galicia e España. 

A partir desta información, elaboraremos un dossier con diferentes lugares para visitar.

PREHISTORIA

· Galicia

- Castro de Baroña

É un dos asentamentos arqueolóxicos da Idade de Ferro máis espectaculares e mellor conservados de Galicia. Está no municipio de Porto do Son, na provincia da Coruña.

A súa singularidade está na súa ubicación estratéxica: está edificado directamente sobre unha pequena península rochosa rodeada polo océano Atántico.

Pódese visitar de xeito gratuito de forma libre ou con visitas guiadas.

- Castro de Santa Trega

É o xacemento arqueolóxico máis extenso e visitado de Galicia. Está no municipio de A Guarda, na provincia de Pontevedra. Está a uns 341 metros de altura sobre o Monte de Santa Trega, que lle da nome ao castro. Dende alí obsérvase unha panorámica espectacular da desembocadura do río Miño.

Para acceder ao Castro de Santa Trega págase unha tasa pública municipal que inclúe a entrada ao xacemento, aos miradores do monte e o acceso ao museo. O prezo por acceder en coche (vehículo e condutor) é de 3€. Cada pasaxeiro adulto adicional pagará 1,50€ , 1€ os nenos de 6 a 14 anos e entrada gratuíta para os menores de ata 5 anos incluídos.

- Dolmen de Dombate

É un monumento funerario do Neolítico situado no municipio de Cabana de Bergantiños, en A Coruña. É un dos dólmenes máis importantes e mellor conservados do noroeste peninsular. É un monumento megalítico (grandes pedras) feito fai máis de 6.000 anos. Para protexer as súas valiosas pinturas do clima, o monumento atópase protexido no interior dun pavillón moderno e climatizado. Así mesmo, conta cun centro de interpretación dende o que se realizan visitas guiadas.

A entrada é gratuita.


· España

- Xacemento de Atapuerca

É un dos conxuntos paleontolóxicos y arqueolóxicos máis importantes do mundo. Declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, atópase na serra de Atapuerca, a uns 15 kilómetros da cidade de Burgos. As súas escavacións sacaron á luz testemuñas fundamentais de cinco especies distintas de homínidos ao longo do último millón de anos

A entrada xeral custa 8€ (a partir dos 8 anos) e para menores é gratuita. Os mércores a visita ao xacemento é totalmente gratuita.

- Cova de Altamira

É a máxima representación mundial do arte rupestre paleolítico. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, atópase no municipio de Santillana del Mar, en Cantabria. É coñecida internacionalmente como a "Capela Sixtina do Arte Cuaternario" debido á extraordinaria calidade, realismo e conservación das súas pinturas rupestres de fai miles de anos. A cova orixinal non está aberta ao público co fin de conservar e protexer as testemuñas que nela se atopan. Existe un museo cunha réplica exacta ao que se pode acceder.

A entrada xeral ao museo y a Neocueva custa 3 €. A entrada é gratuíta os sábados desde as 14:00 horas e os domingos durante todo o día.


IDADE ANTIGA

· Galicia

- Campamento romano Aquis Querquenis

Son as ruínas dun gran campamento militar romano onde descansaban os soldados. É un dos complexos arqueolóxicos militares máis importantes e mellor escavados de toda a Península Ibérica. Situado no concello de Bande, en Ourense, en pleno corazón da Serra do Xurés. A súa gran particularidade é que se atopa no río Limia, xusto á beira do encoro das Conchas, o que fai que as ruínas queden mergulladas baixo a auga durante varios meses ao ano dependendo das choivas

Está ao lado dunhas augas termais naturais onde os visitantes pódense relaxar.

Pódese acceder ao recinto gratuitamente. Se se quere visitar o museo o custo é de 2€ e a visita guiada son 5€. Para os menores de 6 anos hai acceso gratuíto a todos os servizos.

- Muralla romana de Lugo

A Muralla Romana de Lugo é a única muralla romana do mundo que se conserva completamente intacta en todo o seu perímetro. Ten unha lonxitude de máis de 2 quilómetros (2.117 metros), rodeando o casco histórico da cidade. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000.

A súa parte superior é un paseo público (chamado adarve) polo que se pode camiñar libremente, sendo unha das rúas máis transitadas polos lucenses.

· España
- Acueduto de Segovia
O acueduto de Segovia é unha das obras de enxeñaría civil máis grandiosas e mellor conservadas que o Imperio Romano deixou en todo o mundo. A súa característica máis asombrosa é que os seus máis de 20.400 bloques de granito están unidos sen ningún tipo de argamasa nin cemento. Mantéñense en pé unicamente grazas a un perfecto equilibrio de forzas e un deseño milimétrico.

O acceso é libre.

- Conxunto Arqueolóxico de Mérida

Mérida é a cidade co conxunto arqueolóxico romano máis espectacular e completo de España. Nela podes atopar o Teatro Romano (monumento máis icónico da cidade), o Anfiteatro (ao lado do teatro, lugar onde loitaban os gladiadores e as feras), o Templo de Diana (templo relixioso situado no centro urbano) ou o Circo Romano (onde se celebraban carreiras de cuadrigas).

Para visitar os distintos monumentos existe unha entrada conxunta por 17€. Os menores de 13 anos entran gratis.


- Itálica

Itálica é unha antiga cidade romana situada no municipio de Santiponce, a 7 Km do centro de Sevilla. Fundada no ano 206 a.C., é a primeira cidade puramente romana fundada en toda Hispania e fóra de territorio italiano. Nela atoparás: un Anfiteatro Romano, as casas de Patricios e multitude de mosaicos ou un Teatro Romano.

A entrada é totalmente gratuíta para os cidadáns da Unión Europea. Aínda que é recomendable reservar visitas guiadas (o prezo soe ser a partirde 10€).


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario