O verán é un momento marabilloso para coñecer algunhas das testemuñas históricas que temos en Galicia e España.
A partir desta información, elaboraremos un dossier con diferentes lugares para visitar.
PREHISTORIA
· Galicia
- Castro de Baroña
É un dos
asentamentos arqueolóxicos da Idade de Ferro máis espectaculares e mellor
conservados de Galicia. Está no municipio de Porto do Son, na provincia da
Coruña.
A súa
singularidade está na súa ubicación estratéxica: está edificado directamente
sobre unha pequena península rochosa rodeada polo océano Atántico.
Pódese visitar de
xeito gratuito de forma libre ou con visitas guiadas.
É o xacemento
arqueolóxico máis extenso e visitado de Galicia. Está no municipio de A Guarda,
na provincia de Pontevedra. Está a uns 341 metros de altura sobre o Monte de
Santa Trega, que lle da nome ao castro. Dende alí obsérvase unha panorámica
espectacular da desembocadura do río Miño.
Para acceder ao Castro de Santa Trega págase unha tasa pública municipal que inclúe a entrada ao xacemento, aos miradores do monte e o acceso ao museo. O prezo por acceder en coche (vehículo e condutor) é de 3€. Cada pasaxeiro adulto adicional pagará 1,50€ , 1€ os nenos de 6 a 14 anos e entrada gratuíta para os menores de ata 5 anos incluídos.
É un monumento funerario do Neolítico situado no municipio
de Cabana de Bergantiños, en A Coruña. É un dos dólmenes máis importantes e
mellor conservados do noroeste peninsular. É un monumento megalítico (grandes
pedras) feito fai máis de 6.000 anos. Para protexer as súas valiosas pinturas
do clima, o monumento atópase protexido no interior dun pavillón moderno e climatizado.
Así mesmo, conta cun centro de interpretación dende o que se realizan visitas
guiadas.
A entrada é gratuita.
- Xacemento de Atapuerca
É un dos conxuntos paleontolóxicos y arqueolóxicos máis
importantes do mundo. Declarado Patrimonio
da Humanidade pola UNESCO, atópase na serra de Atapuerca, a uns
15 kilómetros da cidade de Burgos.
As súas escavacións sacaron á luz testemuñas fundamentais de cinco especies
distintas de homínidos ao longo do último millón de anos
A entrada xeral custa 8€ (a partir dos 8 anos) e para
menores é gratuita. Os mércores a visita ao xacemento é totalmente gratuita.
- Cova de Altamira
É a máxima representación mundial do arte rupestre paleolítico. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, atópase no municipio de Santillana del Mar, en Cantabria. É coñecida internacionalmente como a "Capela Sixtina do Arte Cuaternario" debido á extraordinaria calidade, realismo e conservación das súas pinturas rupestres de fai miles de anos. A cova orixinal non está aberta ao público co fin de conservar e protexer as testemuñas que nela se atopan. Existe un museo cunha réplica exacta ao que se pode acceder.
A entrada xeral ao museo y a Neocueva custa 3 €. A entrada é gratuíta os sábados desde as 14:00 horas e os
domingos durante todo o día.
· Galicia
- Campamento romano Aquis Querquenis
Son as ruínas dun gran campamento
militar romano onde descansaban os soldados. É un dos complexos arqueolóxicos
militares máis importantes e mellor escavados de toda a Península Ibérica.
Situado no concello de Bande, en Ourense, en pleno corazón da Serra do Xurés. A súa gran
particularidade é que se atopa no río Limia, xusto á beira do encoro das
Conchas, o que fai que as ruínas queden mergulladas baixo a auga durante varios
meses ao ano dependendo das choivas
Está ao lado dunhas augas termais
naturais onde os visitantes pódense relaxar.
Pódese acceder ao recinto gratuitamente.
Se se quere visitar o museo o custo é de 2€ e a visita guiada son 5€. Para os
menores de 6 anos hai acceso gratuíto a todos os servizos.
- Muralla romana de Lugo
A Muralla
Romana de Lugo é a única muralla romana do mundo que se conserva completamente
intacta en todo o seu perímetro. Ten unha lonxitude de máis de 2 quilómetros (2.117 metros), rodeando o
casco histórico da cidade. Foi
declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000.
A súa parte
superior é un paseo público (chamado adarve) polo que se pode camiñar
libremente, sendo unha das rúas máis transitadas polos lucenses.
O acceso é libre.
Mérida é a cidade co conxunto arqueolóxico romano
máis espectacular e completo de España. Nela podes atopar o Teatro Romano (monumento
máis icónico da cidade), o Anfiteatro (ao lado do teatro, lugar onde loitaban
os gladiadores e as feras), o Templo de Diana (templo relixioso situado no
centro urbano) ou o Circo Romano (onde se celebraban carreiras de cuadrigas).
Para visitar os distintos monumentos existe unha
entrada conxunta por 17€. Os menores de 13 anos entran gratis.
Itálica é unha antiga cidade
romana situada no municipio de Santiponce, a 7 Km do centro de Sevilla. Fundada
no ano 206 a.C., é a primeira cidade puramente romana fundada en toda Hispania
e fóra de territorio italiano. Nela atoparás: un Anfiteatro Romano, as casas de
Patricios e multitude de mosaicos ou un Teatro Romano.
A entrada é totalmente
gratuíta para os cidadáns da Unión Europea. Aínda que é recomendable reservar
visitas guiadas (o prezo soe ser a partirde 10€).









