O primeiro tema que vamos a traballar de Ciencias Naturais é sobre a enerxía. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender os aspectos tratados na aula:
Algúns xogos cos que poderedes estimular a mente e traballar aspectos relacionados co tema son os seguintes:
Aquí tedes o esquema dos xéneros literarios que fixemos na clase de Lingua Castelá. Recordade que debe estar na vosa libreta!
A primeira tipoloxía textual que traballaremos este curso será a biografía e a autobiografía. Aquí tedes un pequeno vídeo explicativo de apoio ao que trataremos na aula.
Tamén podedes repasar os tipos de palabras que demos en 5º de primaria e que volveremos a tratar nas áreas das linguas.
Comezamos o 6º, o último curso da etapa de Primaria!!
Aproveitando que o proxecto do cole trata sobre a música, vamos a encher este último curso de ritmo e música.
Durante este ano coñeceremos diferentes estilos musicais e grupos galegos que seguro vos van gustar. Comezaremos con vellos coñecidos, pero con cancións de diferentes estilos e das que aínda non falamos na clase.
· Oliveira dos Cen anos: canción para a conmemoración do centenario do Celta de Vigo.
· Brais das Hortas: neste caso vades a escoitar unha canción que ten como base unha música tradicional andina, concretamente un carnavalito. O instrumento principal é un charango.
· Uxía Lambona e a banda molona: aquí tedes unha versión rap da canción tradicional galega A saia da Carolina.
· Tanxugueiras: este grupo supuxo unha pantalla da música galega ao resto da Península. Ademáis de Terra seguiu publicando cancións de moitos temas e estilos demostrando que a música tradicional non está reñida coa modernidade.
A partir de agora vamos a coñecer moitos outros grupos, cantantes e cancións do panorama galego que tocan diversos estilos. Tamén cantaremos, bailaremos e aprenderemos!!