Despois dun duro trimestre de traballo no que aprendemos moitas cousas, chegamos a recta final.
Este trimestre rematámolo por todo o alto coa nosa saída a Pontevedra, onde disfutamos da obra "Lío en la granja". Gustounos moito e. ademáis, as profes estaban contentísimas porque nos portamos moi ben.
Hora da merenda
Hora da merenda
Hora da merenda
Hora da merenda
No teatro, esperando a que comezara a obra
No teatro, esperando a que comezara a obra
Chegou o Nadal e, con el, as vacacións.Debemos tomarnos un merecido descanso, pero sen esquecer que é moi importante que leamos (as lecturas que levamos do cole, un conto que nos guste, un cómic...).
Ademáis, podedes repasar algunhas das cousas que aprendemos este trimestre a través de xogos deste blog, tanto os de entradas anteriores, como os que se propoñen a continuación:
Estamos traballando os distintos tipos de alimentos na clase e aprendendo diferentes cousas sobre eles: se son de orixe animal ou vexetal, cales temos que tomar para ter unha dieta saudable...
Queredes saber cales son os nosos gustos? Pois aquí tedes a sinxela gráfica que elaboramos para traballalo!
Neste tempo de medo, bruxas e cabazas, o colexio transfórmase e convértese nun lugar cheo de misterios e intrigas.
Nas clases de 1º, non podía ser menos. Todos os nenos e nenas traballaron duro para que as súas clases desen moitísimo medo... e cremos que o conseguiron!
Aquí podedes ver as fotos que o demostran!
O Samaín de 1ºB
O exército de esqueletes de 1ºB
O taboleiro de 1ºA
Os nenos de 1ºA traballando nunha clase de medo...
Clase de 1ºA
Porta de 1º A
Porta de 1ºB
Clase 1º B
Clase de 1ºB
Gustaríavos aprender xogando sobre o Samaín? Aqui tedes algúns enlaces!
O curso comezou e nos empezamos a traballar con moitas ganas.
O primeiro que vamos a facer neste curso é aprender algunhas cousas sobre o noso corpo; distintas partes, as articulacións, as diferenzas entre as persoas, os cinco sentidos...
Despois de traballar estes temas na clase, podemos comezar a repasar e aprender a través dalgúns xogos como os seguintes:
Ademáis, nestes primeiros días de clase, acordamos que vamos a aprender cales van a ser as normas máis importantes que debemos cumprir. Primeiro comezamos con estas 3, pero pronto ampliaremos a algunhas máis.
Somos moitos! Temos que falar de un en un e baixiño!
Temos que entrar e saír da clase de forma organizada
O día 20 de marzo poderemos apreciar un eclipse de Sol.
Pero, temos claro o que é un eclipse? Comprendemos como se produce? Como podemos velo de forma segura?
Aquí tedes as respostas!