martes, 21 de noviembre de 2017

A por todas en novembro!

Chegamos a segunda quincena de novembro e continuamos aprendendo sen descanso.
Agora vamos a traballar sobre os ecosistemas e as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:
Seguide repasando os ecosistemas con estes xogos interactivos!
                                                    EXPLICACIÓN DO ECOSISTEMA





Aquí temos tamén algúns xogos cos que seguir practicando as táboas de multiplicar:








Ademáis, tivemos a sorte de facer dúas saídas este mes.
Por un lado, asistimos a obra de teatro "Rubicundo" no teatro de García Barbón. Gustounos moito!
Aquí podemos ver un fragmento desta obra:


Tamén fumos ao Verbum, en Samil, e alí miramos a exposición "A aula do pasado". Nela observamos como eran as cousas nas escolas de fai uns cantos anos e canto cambiou respecto ao que hoxe coñecemos: como antes escribían con pizarríns ou plumas, como usaban o calco, os castigos daquela época... Aprendemos un montón!

Esta é unha base de rap que estamos traballando na clase... Pronto saberedes cal é a letra que o completa... 

Seguiremos informando!


No hay comentarios:

Publicar un comentario