Estamos case a mediados do mes de novembro e non paramos de traballar, aprender e divertirnos.
Por un lado, aprendemos o que son os textos instrutivos e os nenos e nenas de 4º trouxemos á aula receitas de cociña como exemplo dos mesmos. Dalgúns ata poidemos probar o resultado! Aquí tedes algunhas delas!
 |
Alfajores da cociñeira Avril. Deliciosos! |
 |
Magdalenas de nutella do chef Alex. Exquisitas! |
 |
Tarta de queixo de Bianca. Marabillosa! |
 |
Bizcocho de chocolate de Adrián. Riquísimo! |
Ademais celebramos no colexio a festa das castañas por excelencia, o Magosto!
A festa tivo dúas partes. A primeira consistiu nunha serie de xogos nos que todos os nenos do cole iban rotando e disfrutando dos mesmos. Estes leváronse a cabo grazas á profesora de Educación Física e aos nenos e nenas de 6º curso que se encargaron de facer de monitores e explicar os xogos aos distintos grupos.
Aquí temos algunhas fotos dos mesmos.
 |
Salto á comba |
 |
Encestar na castaña |
 |
Os zancos |
 |
O aro |
 |
A corda |
A segunda parte consistiu na degustación das castañas asadas acompañadas por un delicioso chouripán. O día pasou voando!
 |
Recén chegados do magosto |
 |
Foto grupal |
Novembro preséntase moi interesante... Seguiremos informando!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario