miércoles, 25 de octubre de 2017

O medo chega... á clase de 4º!

Seguimos camiñando e a próxima parada é o medo...
No cole vanse a traballar distintos países e na nosa clase escollemos Rumanía. Tivemos moita sorte porque de alí procede un dos persoaxes coñecidos máis temibles... O Conde Drácula!!!
Aquí tedes un resumo rápido da novela de Bram Stoker:
Tamén chegaron a nosa clase uns libros de terror... Seremos quen de lelos todos?
Aquí vos presentamos a entrada da nosa clase, que seguindo coa temática de Romanía está inspirada en Drácula:
Ademais, en conxunto coas clases de 3º, 5º e 6º, estamos a decorar un gran mural sobre o Monstro do Lago Ness de Escocia. Os distintos países invaden o cole!
Estas foron as cabazas protagonistas na clase de 4º.
Aquí temos ao gañador de 4º!
Estes son ops gañadores do cole
Algunhas das cabazas gañadoras

Ademais, en Ciencias da Natureza comezamos a traballar as plantas. A continuación podemos ver algúns vídeos que nos poden ensinar a comprender mellor os distintos aspectos:

Para traballar as plantas fixemos distintos experimentos.
Por unha banda, plantamos lentellas en 3 botes de iogur, coa diferenza de que un está ao aire libre, outro dentro dunha caixa cun burato e outra nunha caixa completamente pechada. Haberá algunha diferenza entre eles? En breve o saberemos!
Por outro lado, Iris trouxo un pequeno xogo que tamén nos servirá para repasar. Con el podemos ver como, cando unha planta nace, as súas raíces buscan a auga e a planta diríxese cara os lugares con máis luz.
Aquí tedes algúns xogos que vos servirán de repaso:



Ademais temos tamén outros xogos cos que repasar algúns contidos de lingua galega e castelá cos que repasar de xeito divertido:


2 comentarios:

  1. Raquel garcia busto25 de octubre de 2017, 6:41

    Cuantas curiosidades

    ResponderEliminar
  2. Andrea Bouzón Cascallar3 de noviembre de 2017, 10:31

    Que bonitos son todos e q decoracion mais preciosa

    ResponderEliminar