Rematamos o trimestre máis longo do curso. Estivo cheo de aprendizaxes e experiencias, polo que ben merecemos un descanso.
Nestas 2 semanas de vacacións, xogade, disfrutade, lede, descansade... Temos tempo para todo!
Por iso, vou a propoñervos algúns xogos, series ou películas para que disfrutedes do voso tempo á vez que repasades algúns contidos sen darvos nin conta:
· Podedes mellorar o voso galego mirando estes debuxos animados:
ZOMBIE HOTEL
· Aquí tedes algúns xogos cos que repasar un montón de contidos:
· Recomendacións lectoras:
- Cambiache o conto! de Pinto & Chinto: este libro vámolo a ler durante o 2º trimestre, ademais tratarase que o autor acuda ao cole para poder falar con el e entrevistalo en vivo e en directo.
- Rubicundo de María Canosa: esta historia o coñecemos porque asistimos a súa representación teatral no teatro García Barbón. Pero, que mellor forma de coñecer a historia en profundidade que lendo o propio libro?
- Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas: se lestes "Escarlatina, a cociñeira defunta" non vos podedes perder esta nova entrega.
- A señorita Bubble de Ledicia Costas: esta escritora non deixa de ofrecerlle aos nenos e nenas libros moi divertidos e interesantes.
Estas soamente son unhas suxerencias, pero o mundo dos libros é inmenso e podedes ler todo o que queirades: cómics, poesías, lendas, contos...
Aquí temos algunhas fotos dos momentos vividos o día do festival:
Merendola |
Brindis polo fin do primeiro trimestre |
Os rapeiros do Vicente Risco |
Pasádeo moi ben! En nada estamos de volta!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario