Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.
jueves, 3 de octubre de 2024
Outubro entra en erupción!!
No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:
Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
Fai un par de anos, entrou un erupción un volcán na illa canaria de A Palma. Aquí tedes un recordatorio de como se viviu aquel acontecemento extraordinario.
-Sabíades que no 2011 produciuse a tamén unha erupción noutra das Illas Canarias? Concretamente en El Hierro.
- Como xurdiron os continentes do planeta? Que son as placas tectónicas?
Fixástesvos que na película de Ice Age 4 faise referencia á formación dos planetas? Quizais agora podedes mirala doutra maneira!
Recordades que vos falei do que aconteceu en Pompeya? A erupción do Vesubio pillou por sorpresa aos seus habitantes o que desembocou nunha catástrofe!
Que vos parece se agora repasamos con algúns xogos?
Non deixedes de investigar sobre os segredos que agocha o noso planeta!
Tamén chegou o Samaín e seguimos viaxando polo mundo. A seguinte parada é México!
martes, 17 de septiembre de 2024
Comezando 4º con enerxía!
Comezamos un novo curso coa intención de enchelo de momentos e aprendizaxes!
Pouco a pouco comezamos a retomar as distintas áreas. Comezaremos con Ciencias da Natureza traballando a nutrición humana, centrada no coidado e coñecemento do noso corpo.
Vamos a comezar a traballar o Proxecto Anual do cole, Conectando culturas. Partindo do mesmo, coñeceremos diferentes lugares do mundo e distintas culturas, tradicións e historias. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden servir para repasar:
Aquí tedes algúns xogos interactivos que vos poden axudar a repasar os contidos:
Como xa se achega Samaín, vamos a coñecer o lugar que agasallou ao mundo cun dos personaxes protagonistas da época: Drácula! Así que vamos a viaxar ao seu páis de orixe:
Tamén vos deixo as cancións que vamos a tratar na clase para que poidades escoitalas tamén na vosa casa.
Espero que o disfrutedes!
martes, 10 de septiembre de 2024
sábado, 18 de mayo de 2024
A reprodución humana
Agora si chegamos á recta final do curso.
O último tema que vamos a tratar é a reprodución humana, un tema que xera numerosas dúbidas e curiosidades.
domingo, 14 de abril de 2024
Rematamos a Historia!!
Chegamos ao periodo da Historia no que nos atopamos: a última parte da Idade Contemporánea.
Aquí tedes algúns vídeos que vos axudarán a comprender a nosa historia máis recente.
domingo, 17 de marzo de 2024
Chegamos á... Idade Contemporánea!
Entramos xa no último trimestre do curso. Con el comezamos o último bloque de contidos, que se centra nunha etapa da historia moi intensa: a Idade Contemporánea.
jueves, 29 de febrero de 2024
SEGUIMOS APRENDENDO!
Estamos xa na recta final do 2º trimestre.
Comezamos o tema novo de Ciencias Sociais. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor o tema:
Estamos inmersos nunha morea de proxectos. Entre eles está a celebración da Reconquistiña. Pronto faremos o 1º obradoiro no cal nos ensinarán o ritmo que temos que levar cos tambores e as cancións.
Aquí tedes as letras das mesmas:
O CANCIÑO
Eu teño un canciño,
miña nai ten tres.
O máis pequeniño
durme nos meus pés.
Eu teño un canciño,
miña nai ten catro.
O máis pequeniño
durme no meu cuarto.
Eu teño un canciño,
miña nai ten cinco.
O máis pequeniño
sempre anda a brincos.
Eu teño un canciño,
miña nai ten seis.
O máis pequeniño
sempre come peixe.
Eu teño un canciño,
miña nai ten sete.
O máis pequeniño
co maior se mete.
Eu teño un canciño,
miña nai ten oito.
O máis pequeniño
merenda biscoito.
Eu teño un canciño,
miña nai ten nove.
O máis pequeniño
ui como se move.
Eu teño un canciño,
miña nai ten dez.
O máis pequeniño
ríllame nos pés.
O CUCO
O cuco cuco cuqueiro,
cuco cuco cuco.(bis)
Madrugón e cantareiro,
cantareiro e madrugón. (Bis)
Foise pola carballeira
o vello cuco souril. (Bis)
O nace-la primavera
entre o marzo e o abril. (Bis)
(Retrouso)
O cuco cuco cuqueiro....
O vello cuco cucou
e moito máis cucará. (Bis)
O cuco non me capou
e nunca me capará. (Bis)
(Restrouso)
O cuco cuco cuqueiro...
Polas mañás ben cediño
o cuco canta cucú. (Bis)
Como o teño por veciño
eu trato ó cuco de "tú". (Bis)
(Restrouso)
O cuco cuco cuqueiro... (Bis)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
