Estamos xa na recta final do 2º trimestre.
Comezamos o tema novo de Ciencias Sociais. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor o tema:
Estamos inmersos nunha morea de proxectos. Entre eles está a celebración da Reconquistiña. Pronto faremos o 1º obradoiro no cal nos ensinarán o ritmo que temos que levar cos tambores e as cancións.
Aquí tedes as letras das mesmas:
O CANCIÑO
Eu teño un canciño,
miña nai ten tres.
O máis pequeniño
durme nos meus pés.
Eu teño un canciño,
miña nai ten catro.
O máis pequeniño
durme no meu cuarto.
Eu teño un canciño,
miña nai ten cinco.
O máis pequeniño
sempre anda a brincos.
Eu teño un canciño,
miña nai ten seis.
O máis pequeniño
sempre come peixe.
Eu teño un canciño,
miña nai ten sete.
O máis pequeniño
co maior se mete.
Eu teño un canciño,
miña nai ten oito.
O máis pequeniño
merenda biscoito.
Eu teño un canciño,
miña nai ten nove.
O máis pequeniño
ui como se move.
Eu teño un canciño,
miña nai ten dez.
O máis pequeniño
ríllame nos pés.
O CUCO
O cuco cuco cuqueiro,
cuco cuco cuco.(bis)
Madrugón e cantareiro,
cantareiro e madrugón. (Bis)
Foise pola carballeira
o vello cuco souril. (Bis)
O nace-la primavera
entre o marzo e o abril. (Bis)
(Retrouso)
O cuco cuco cuqueiro....
O vello cuco cucou
e moito máis cucará. (Bis)
O cuco non me capou
e nunca me capará. (Bis)
(Restrouso)
O cuco cuco cuqueiro...
Polas mañás ben cediño
o cuco canta cucú. (Bis)
Como o teño por veciño
eu trato ó cuco de "tú". (Bis)
(Restrouso)
O cuco cuco cuqueiro... (Bis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario