Este curso, o proxecto anual da biblioteca leva o nome de "A movida do SanSalva". Todo el xira en torno a música e serve para aprender partindo da mesma como fío condutor. Achégase o Entroido e entramos nun mundo cheo de posibilidades!
Como os nenos e nenas de 6º están entrando na idade máis revolucionaria, non podíamos disfrazarnos doutra cousa... PUNKYS!
Xa estamos traballando na clase nos complementos e temos algunhas sorpresas preparadas...
Pero necesitamos a cooperación das familias para que a roupa sexa a máis acorde! Non é necesario que merquedes nada, co que teñades na casa e o que fagamos na clase apañarémonos! O importante é que aprendamos e gocemos xuntos, non que o disfraz sexa perfecto.
Aquí tedes algunhas guías que vos poden servir de axuda:
1. A roupa: será suficiente cunha camiseta negra sinxela (con ou sen mangas) e se tedes algunha con estampado "punky" como unha calaveira ou o nome de calquera grupo de música (ex "Los Ramones"), xa sería ideal. Os pantalóns serían o máis axustados posible (pitillo), que sexan preferiblemente negros, grises ou estampados con cadros. Quen teña pode traer unha cazadora de coiro, algún chaleco...
Os zapatos poden ser botas negras, canto máis grosas e grandes mellor, unhas zapatillas tipo "Converse" ou, se non temos, os zapatos/tenis máis oscuros que teñan.
2. Complementos: calquera accesorio de coiro ou "plata": bonequeiras, pulseiras, collares, cadeas... Se alguén ten aros a presión tipo "piercing" para as orellas, o nariz ou a boca tamén pode utilizalos!
3. O peinado: é unha das partes máis importantes do disfraz. O máis característico é a crista! Os nenos de pelo curto téñeno sinxelo, cun pouco de gomina é fácil facelo. Se as nenas de pelo máis longo se atreven sería espectacular... Todo isto unido ás cores: verde, vermello, azul... Darémoslle cor ao noso disfraz! Aquí tedes algunhas ideas:
4. Maquillaxe: os que se atrevan poden pintar os ollos con delineador negro. Tamén pintalabios negro ou dalgúnha cor oscura.
Vamos a aprender en Ciencias Naturais sobre a función de nutrición. Vamos a dividila en 2 temas: un no que nos centraremos nos procesos que interveñen (os diferentes aparatos e as súas funcións) e outro na alimentación.
Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a reforzar o que demos na clase:
Recordade que tedes xogos sobre alimentación saudable neste enlace:
Algo que tamén trataremos na clase será a prevención do tabaquismo e o alcoholismo. Partiremos dos seguintes vídeos e páxinas web para elaborar un triptico.
O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia. Este ano vamos a coñecer a figura de Narges Mohammadi, a quen se lle concedeu o Premio Nobel da Paz pola súa loita polos dereitos humanos en Irán.
Chegou o fin do 1º trimestre do curso. Tres meses cargados de aprendizaxes, traballo, experiencias e momentos compartidos que deixan paso a un merecido descanso.
Entre as moitas cousas que van a acontecer o trimestre que ven, está a visita dunha das autoras do libro "Caramomia". Por iso, vamos a aproveitar para pedirlle a Papa Noel ou aos Reis Magos que nos traian esta historia para poder lela e desfrutala! Recordade, en GALEGO!
Polo resto, solo queda desexarvos un Bo Nadal e que carguedes as pilas para continuar a tope en xaneiro!!
Aquí podedes atopar uns xogos e información sobre a alimentación saudable. Lede, informádevos e, se o facemos todos, poderedes conseguir un premio... ¿Seredes quen de logralo?
Estamos xa no ecuador do primeiro trimestre, e seguimos traballando e aprendendo.
Sempre e bo momento para recordar esta canción que traballamos en 4º de Primaria e que podemos volver a utilizar para recordar os ósos do noso corpo. Si que medraron eses ósos dende entón!!
En Lingua Galega e Castelá traballaremos a narración. Aquí tedes un vídeo no que se vos explican conceptos xa dados na clase. Mirádeos de novo! Serviranvos de axuda!
Canción da biblio para que a practiquedes na casa:
O primeiro tema que vamos a traballar de Ciencias Naturais é sobre a enerxía. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender os aspectos tratados na aula:
Algúns xogos cos que poderedes estimular a mente e traballar aspectos relacionados co tema son os seguintes:
Aquí tedes o esquema dos xéneros literarios que fixemos na clase de Lingua Castelá. Recordade que debe estar na vosa libreta!
A primeira tipoloxía textual que traballaremos este curso será a biografía e a autobiografía. Aquí tedes un pequeno vídeo explicativo de apoio ao que trataremos na aula.
Tamén podedes repasar os tipos de palabras que demos en 5º de primaria e que volveremos a tratar nas áreas das linguas.