miércoles, 20 de diciembre de 2023

REMATAMOS O 1º TRIMESTRE!

Chegou o fin do 1º trimestre do curso. Tres meses cargados de aprendizaxes, traballo, experiencias e momentos compartidos que deixan paso a un merecido descanso. 

Entre as moitas cousas que van a acontecer o trimestre que ven, está a visita dunha das autoras do libro "Caramomia". Por iso, vamos a aproveitar para pedirlle a Papa Noel ou aos Reis Magos que nos traian esta historia para poder lela e desfrutala! Recordade, en GALEGO!

Polo resto, solo queda desexarvos un Bo Nadal e que carguedes as pilas para continuar a tope en xaneiro!!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

CLIMAS E PAISAXES DO MUNDO

Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar co novo tema de sociais

 OS CLIMAS E PAISAXES DO MUNDO

Aquí podedes atopar uns xogos e información sobre a alimentación saudable. Lede, informádevos e, se o facemos todos, poderedes conseguir un premio... ¿Seredes quen de logralo?

XOGOS SOBRE ALIMENTACIÓN

Aquí tedes a versión en karaoke da canción que temos que practicar para o festival de Nadal. 


 

miércoles, 25 de octubre de 2023

A relación humana

 Estamos xa no ecuador do primeiro trimestre, e seguimos traballando e aprendendo.


Sempre e bo momento para recordar esta canción que traballamos en 4º de Primaria e que podemos volver a utilizar para recordar os ósos do noso corpo. Si que medraron eses ósos dende entón!!

En Lingua Galega e Castelá traballaremos a narración. Aquí tedes un vídeo no que se vos explican conceptos xa dados na clase. Mirádeos de novo! Serviranvos de axuda!

Canción da biblio para que a practiquedes na casa:

Aquí tedes o noso vídeo do Samaín! Disfrutádeo!


martes, 3 de octubre de 2023

A España física

 Seguimos avanzando no curso e comezamos OUTUBRO, mes do medo e das castañas!

Primeiro, déixovos algúns vídeos que vos poden axudar co novo tema de sociais son os seguintes:

Xogo de repaso:

MAPA FÍSICO DE ESPAÑA

 

Outubro é un mes moi especial e que a todos nos gusta moito. Celebramos unha das festas que máis nos gusta: o SAMAÍN

Auí tedes algunhas das cancións que vamos a escoitar nesta época! E tamén o karaoke dunha que vamos a aprender para cantala!


viernes, 15 de septiembre de 2023

COMEZAMOS CON ENERXÍA!

O primeiro tema que vamos a traballar de Ciencias Naturais é sobre a enerxía. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender os aspectos tratados na aula:

 
 
Algúns xogos cos que poderedes estimular a mente e traballar aspectos relacionados co tema son os seguintes:





Aquí tedes o esquema dos xéneros literarios que fixemos na clase de Lingua Castelá. Recordade que debe estar na vosa libreta!
A primeira tipoloxía textual que traballaremos este curso será a biografía e a autobiografía. Aquí tedes un pequeno vídeo explicativo de apoio ao que trataremos na aula.

Tamén podedes repasar os tipos de palabras que demos en 5º de primaria e que volveremos a tratar nas áreas das linguas.

domingo, 10 de septiembre de 2023

A MOVIDA DO SANSALVA

 Comezamos o 6º, o último curso da etapa de Primaria!!

Aproveitando que o proxecto do cole trata sobre a música, vamos a encher este último curso de ritmo e música.

Durante este ano coñeceremos diferentes estilos musicais e grupos galegos que seguro vos van gustar. Comezaremos con vellos coñecidos, pero con cancións de diferentes estilos e das que aínda non falamos na clase.

· Oliveira dos Cen anos: canción para a conmemoración do centenario do Celta de Vigo.

· Brais das Hortas: neste caso vades a escoitar unha canción que ten como base unha música tradicional andina, concretamente un carnavalito. O instrumento principal é un charango.

· Uxía Lambona e a banda molona: aquí tedes unha versión rap da canción tradicional galega A saia da Carolina
· Tanxugueiras: este grupo supuxo unha pantalla da música galega ao resto da Península. Ademáis de Terra seguiu publicando cancións de moitos temas e estilos demostrando que a música tradicional non está reñida coa modernidade.

A partir de agora vamos a coñecer moitos outros grupos, cantantes e cancións do panorama galego que tocan diversos estilos. Tamén cantaremos, bailaremos e aprenderemos!!

Estades listos?? A polo curso!!!