Na clase falamos do Antigo Museo da Tortura de Toledo, no cal se mostran algúns aparellos usados polo Tribunal da Inquisición. Aquí tedes o enlace a súa páxina.
Comezamos os temas de historia. Este curso vamos a centrarnos, en primeiro lugar, na Idade Media. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor esta época.
Para finalizar este trimestre imos a traballar a entrevista. Non hai mellor forma de facelo que entrevistando.
Teremos a oportunidade de entrevistar a un cantante para nenos que usa a nosa lingua e distintos estilos musicais. Aquí temos algunhas das súas cancións:
Tamén deixo a letra e a música da Muiñeira de Sabaxáns, que cantaremos todos xuntos na Reconquistiña!
Chegou o Nadal e é tempo de desfrutar e descansar. Aquí tedes algunhas recomendacións para pasar tempo en familia e, á vez, manter a mente activa.
Por unha banda, propóñovos unha serie de películas para que as miredes e as comentedes. Plantexádevos preguntas como:
Por que se sinte así esta personaxe?
Por que actuou desa maneira?
Cres que tivo unha reacción axeitada? Por que?
Que farías ti no seu lugar?
Todas as películas que vos propoño a partir de agora teñen un transfondo moi profundo, seredes quen de comprendelo??
A película de Encanto terá un especial protagonismo para nós o trimestre que ven! Non vola perdades!
O trimestre que ven vamos a ler o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Non esquezades pedirllo aos Reis Magos!!
Tamén podedes saír a mercar coa vosa familia, gardar os tickets e calcular aproximadamente canto se gasta nunha comida de Nadal, canto tocaría pagar por persoa se dividírades os gastos, ler e facer receitas, calcular a distancia que recorredes se facedes algunha viaxe...
Non esquezades ler cada día a libreta de Naturais!