domingo, 23 de febrero de 2020

Entroido 2020

Estamos a piques de rematar o mes de febreiro e o facemos da mellor maneira poible: celebrando o Entroido!!
Como xa adiantamos na anterior entrada,  a clase de 4º escollemos a profesión de doutores. Traballamos en torno a ela, aprendemos cousas sobre os distintos órganos do noso corpo, redecoramos a nosa porta da clase, novo vocabulario... e todo rematou con esta gran festa.
Aquí tedes algunhas das fotos do Entroido!!
Foto grupal
Foto grupal coas profes Noelia e Bea
Disfrutando de doces típicos do Entroido 
Disfrutando de doces típicos do Entroido 
Disfrutando de doces típicos do Entroido 


Non esquezades visitár a PÁXINA WEB do cole!

domingo, 2 de febrero de 2020

Febreiro será... o mes dos doutores!!!

Este mes de febreiro será moi especial 😀
Comezamos os temas de Ciencias da Natureza do trimestre e vamos a aprender como funciona o noso corpo. Isto, aproveitando o tema do proxecto anual do cole ("As profesións") e que o Entroido está moi preto, deunos a idea de que o noso disfraz deste ano será de doutores. Pero non so nos quedaremos en diseñar o noso propio disfraz, se non que vamos a facer da clase de 4º unha verdadeira clínica chea de especialistas... Xa o veredes!!
Aquí temos algúns vídeos que nos poden axudar a entender como funciona o noso corpo:

Algúns xogos para repasar as partes do corpo humano son os seguintes:



QUEN QUERE SER MILLONARIO?
En clase falamos da procedencia das gominolas que tanto nos gustan... Aquí temos un vídeo do seu proceso de elaboración. 
O comezo do mes de febreiro e remate de xaneiro estivo marcado pola celebración do Día da Paz. Tivemos unha deliciosa chocolatada, xogamos, cantamos e bailamos. Que máis se pode pedir?
  
Ademáis, enlazándoo co Día da Paz, traballamos O Guernica, unha das máis grandes obras de Pablo Picasso. 

jueves, 16 de enero de 2020

Comezamos o 2º trimestre!!

Retomamos de novo o curso coas pilas cargadas a tope para seguir aprendendo e disfrutando. Temos por diante un 2º trimestre cheo de aventuras!!
En Ciencias Sociais comezamos co tema da atmosfera e o clima. Para comprender mellor o estudado podemos ver os seguintes vídeos:

CAMBIO CLIMÁTICO

Algúns xogos de repaso son os seguintes:




Vamos a comezar a traballar en Plástica a un dos máis grandes pintores españois: Pablo Picasso.
Relacionándoo co Día da Paz, trataremos a súa obra máis representativa: O Guernica.

En Lingua Galega e Castelá estamos tratando o texto instrutivo. Como exemplo práctico do mesmo traballamos a receita. Cada neno/a da clase trouxo a súa e pronto elaboraremos o libro de receitas de 4º. Ademáis, Sara, Xosé e Rafa trouxeron a clase as súas receitas elaboradas: tortitas, leite fritida e dorayakis!
En xaneiro celébrase o día da Paz. No cole estamos preparando algo moi especial e terá como base a seguinte canción:

Quédanos por diante uns meses moi intensos e interesantes. A por eles!!

viernes, 20 de diciembre de 2019

Fin do 1º trimestre!!

Rematamos o trimestre máis longo do curso. Estivo cheo de aprendizaxes e experiencias, polo que ben merecemos un descanso.
Nestas 2 semanas de vacacións, xogade, disfrutade, lede, descansade... Temos tempo para todo!
Por iso, vou a propoñervos algúns xogos, series ou películas para que disfrutedes do voso tempo á vez que repasades algúns contidos sen darvos nin conta:
· Podedes mellorar o voso galego mirando estes debuxos animados:







VOLTRON, O DEFENSOR DO UNIVERSO

· Aquí tedes algúns xogos cos que repasar un montón de contidos:









· Recomendacións lectoras:
 - Contos por palabras de Agustín Fernández Paz: falamos na clase deste autor que ten unha gran cantidade de libros que merecen moito a pena. Propóñovos comezar con este que é entretido, sinxelo e moi imaxinativo.

Rubicundo de María Canosa: esta historia fálanos de Rubicundo, un misterioso home cun oficio moi peculiar.
Escarlatina, a cociñeira defunta ou Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas: uns libros moi entretidos que comentamos na clase e que espertou a curiosidade de todos.

Estas soamente son unhas suxerencias, pero o mundo dos libros é inmenso e podedes ler todo o que queirades: cómics, poesías, lendas, contos...

Aquí temos algunhas fotos dos momentos vividos o día do festival:
Preparados para cantar o noso rap
Aquí temos un ensaio do noso rap na clase:
Aquí tedes a gran actuación no festival de Nadal:

Recordade que si queredes ver as actuacións do resto de cursos so tedes que ir a páxina web do colexio:


miércoles, 18 de diciembre de 2019

Recta final do 1º trimestre

Chegamos aos ultimos días do 1º trimestre e estes están cargados de actividades que nos deixan un bo recordo antes das vacacións de Nadal.
Por unha banda recibimos a visita de Elsa, coa que fixemos un pequeno taller de igualdade. Con ela analizamos catálogos de xoguetes e observamos que aínda quedan moitos estereotipos por superar.
 Tamén nos visitaron o Dinoseto e o Dinosetiño para falarnos da importancia das 3R: reduce, recupera e recicla. Explicaronnos a importancia da reciclaxe, como facelo de forma axeitada e os novos recolectores que podemos atopar en Vigo.
Ademáis, todo isto foi acompañado por unha canción moi pegadiza!
Dinoseto e Dinosetiño explicáronnos o referido á reciclaxe
Déronnos agasallos a todos os nenos e nenas
 Tamén recibimos a visita de personaxes do Nadal na clase, aos cales lle pedimos moi bos desexos!



domingo, 24 de noviembre de 2019

Rapeando en novembro!

Novembro chega a súa recta final e nós non perdemos o ritmo!
Agora, en Ciencias da Natureza, vamos a traballar sobre os ecosistemas e as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:
Seguide repasando os ecosistemas con estes xogos interactivos!
                                                    EXPLICACIÓN DO ECOSISTEMA




Durante este mes vivimos grandes celebracións como, por exemplo, o Magosto. Ese día degustamos unhas deliciosas castañas e xogamos con elas a distintos xogos. Aquí temos algunhas fotos dese día:
Xogo de encestar a castaña e da carretilla.
3 en raia das castañas
Transportamos a castaña sen tocala coas mans.
Este mes, na clase de 4º, estamos traballando a poesía (entre outras moitas cousas). Unha forma de facelo é a través da creación de cancións. Concretamente, estamos tratando de compoñer un rap... Seremos quen de facelo? Pronto o saberemos...
Polo momento vamos a inspirarnos nun rap sobre as palabras homófonas (que entran no proximo exame! 😉 )



O 25 de novembro celebrouse o día contra a Violencia de Xénero. Para mostrar o noso apoio e a loita que debemos levar a cabo en favor da igualdade, levamos a cabo no cole unha serie de actos que, esperamos, deixen a súa pegada.
Todos os nenos e nenas do San Salvador construimos un pequeno muro contra a violencia utilizando material reciclado e escribindo mensaxes dende o corazón. Poñendo cada un de nós o noso gran, lograremos a verdadeira igualdade
Tamén viu ao cole Anxo Moure, un bohemio escritor e contacontos, e nos mostrou a receita para converter as malas novas da prensa en corazóns cheos de amor.



Seguiremos informando!!

jueves, 7 de noviembre de 2019

Comezamos novembro!

O inicio do mes de novembro é intenso e non paramos de aprender. 
En Sociais comezamos traballando sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 

- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.










Seguiremos informando!