lunes, 23 de enero de 2017

Onde vivimos?

Comezamos o segundo trimestre con moitas ganas de seguir aprendendo.
Estamos estudando o noso barrio, o lugar onde vivimos e todos os edificios que hay nel: o colexio, o polideportivo, a igrexa...

Algúns xogos moi interesantes para repasar o que se da na clase son os seguintes: 

Ademáis, neste mes de xaneiro celebramos unha conmemoración moi especial: o Día da Paz.
Algunhas cancións que podemos escoitar relacionadas coa mesma son as seguintes:
Ademáis, os nenos de 1º C sabemos que debemos loitar pola paz con sorrisos, apertas e bicos. Por iso lle preguntamos ao mundo: "Por que non ser amigos?"
Todo o Colexio de Arealonga celebramos o Día da Paz con esta preciosa actuación.

A semana da Paz rematou cunha boa obra: por un lado, fomentando a lectura e, por outro, recaudando unha pequena cantidade de diñeiro para donar a unha asociación centrada no coidado do medio.





martes, 20 de diciembre de 2016

O Nadal chegou!

O 1º trimestre remata e da paso a unha das épocas do ano que aos nenos máis nos gusta: o Nadal.
Aquí temos algúns xogos cos que podemos repasar contidos do cole de forma divertida:





Tamén podemos dedicar un tempo a disfrutar de películas navideñas:

E non esquezades cantar moitas panxoliñas!
Aquí temos en exclusiva algunhas imaxes do festival de Nadal do cole. Pasámolo xenial!
Preparados para a nosa actuación!
Ao rematar a actuación toca a merendola!

Merendola de Nadal

Bo Nadal a todos!!




jueves, 24 de noviembre de 2016

A maxia do corpo humano

Non hai nada que debamos coñecer e coidar máis que o noso corpo, por isto levamos todo o mes de novembro traballando sobre o mesmo.
É moi importante que coidemos o noso corpo a través duns hábitos de hixiene saudables. Aquí temos algúns exemplos:
É moi importante que para coidar o noso corpo nos alimentemos de modo axeitado. 

Algúns xogos que nos poden axudar a aprender as distintas partes de forma divertida son os seguintes:




Aquí temos algúns vídeos que nos poden axudar a comprender a importancia do coidado do noso corpo.




martes, 8 de noviembre de 2016

Tempo de castañas e noces

Estamos en pleno outono e non paramos de aprender cousas sobre el. Vemos como as follas caen e o entorno énchese de cores amarelas, laranxas e marróns.
Unha das festas máis bonitas desta época do ano é o Magosto. No cole decidimos traballalo e aprender del. Así, aprendemos algúns refráns sobre a castaña, fixemos cucuruchos e, por suposto, comemos castañas asadas!

Nestes días fixemos unha excursión. Estivemos no Auditorio de Vilagarcía e disfrutamos dunha obra de teatro na cal aprendemos moito sobre os peixes que viven no fondo do mar. Pasámolo moi ben!
Aquí están as fotos que o demostran!
Aprender e divertirse! Esa é a clave!


jueves, 13 de octubre de 2016

Chega o outono!

Comezou o curso e os nenos de 1º xa estamos traballando con moita forza para aprender cousas novas. Estamos aprendendo a ler, a escribir, a sumar...
Aquí temos algúns xogos que nos poden axudar a recoñecer as letras, a  ler, a escribir e, tamén, a divertirnos






Ademáis, o 21 de setembro comezou o outono e, con el, todas as festividades máxicas que o envolven.
Por exemplo, traballamos o tema da vendima e o plasmamos neste mural.
Tamén comezamos a tratar o Samaín, a época máis temible do ano! Aquí están algunhas das cancións e contos que vamos a aprender:
Hai algo que de máis medo que un esquelete tenebroso? Pois que mellor maneira de superar os nosos temores que coñecendo o noso corpo a fondo.
Ademáis, podemos ver estas pelis para pasar moito medo!
Queredes ver como a clase de primeiro transformouse nun lugar tenebroso? Que se abran as portas do medo!!

Tamén temos na aula o noso calendario particular no cal anotamos cando cumplimos anos os nenos e nenas da clase e calquera acontecemento que teñamos que recordar.
Que pasedes un Samaín de medo!!



lunes, 6 de junio de 2016

Recta final!

Chegamos aos últimos días do curso! Primeiro está a piques de rematar! 
Estamos tratando de aproveitar ao máximo estes últimos momentos aprendendo e traballando o máximo posible.
Por exemplo, estamos tratando o importante que é a auga para a vida das persoas, os animais e as plantas. Sabíades que podemos atopar a auga en tres estados na natureza? Ou como se produce o ciclo da auga?


Tamén estamos comezando a aprender as horas. Estes son os vídeos que traballamos na clase.
A polo fin de curso!