As vacacións chegaron e, con elas, o tempo de descansar e disfrutar do verán.
Pero non podemos esquecer que para estar preparados para o próximo curso debemos repasar un pouquiño todos os días. Ademáis de facelo a través de fichas e cadernos, vou a mostrarvos uns xogos que vos van a gustar e a través dos cales vades a pasalo ben ao tempo que vos divertides!
Espero que vos gusten moito estos xogos! Se queredes que suba máis so tedes que dicirmo nun comentario!
Posto que esta vai a ser a miña última clase con vos, quero que non esquezades nunca que non soamente eu vos ensino a vós como sumar, restar ou facer problemas, senon que eu aprendín tamén de cada un de vós cada vez que entraba pola porta da clase.
Por iso espero que sigades sendo uns nenos tan bos, que vos sigades esforzando e darvos as grazas por cada momento que vivimos no cole.
Está a piques de rematar o curso e soamente nos queda repasar todo o dado para que non o esquezamos e comecemos 3º coas pilas cargadas.
Para iso, propóñovos algúns xogos que vos van a gustar e que sirven para que repasedes o que demos mentres vos divertides.
Primeiro vou a enseñarvos un xogos nos que temos que recordar vocabulario que estudamos este ano, desenvolver a nosa memoria e estar moi atentos.
Algo que non debemos esquecer é que vivimos nun lugar privilexiado.
Na nosa comunidade podemos atopar todo tipo de paisaxes que o fan un lugar único: as praias, os acantilados, os ríos, as montañas, as chairas...
As provincias de Galicia son:
Ademáis, en Galicia temos moitísimas tradicións, festas e comidas típicas.
Por exemplo, o Entroido é unha festa na que os galegos temos os nosos propios disfraces cos peliqueiros.
Nesta época temos como postres típicos as orellas de entroido e as filloas (se queredes ver as receitas so tedes que pulsar enriba das palabras destacadas). Recordade que en calquera época do ano son uns postres exquisitos!
Outra festa de Galicia que coñecedes moi ben é a Romaría Vikinga de Catoira.
Vivimos nun lugar privilexiado! Non dubidedes en investigar sobre a maxia e a beleza que nel se agocha!
O tempo seguiu pasando ata chegar a Idade Antiga e, despois, a Idade Media. As persoas comezaron a crear inventos, vivir en casas, construir castelos e murallas... Ademáis, débese ter en conta que os romanos axudaron a que teñamos moitas das cousas que temos hoxe.
En Galicia pódense atopar algúns preciosos castelos medievais xunto coas súas murallas. Algúns exemplos son:
- O Castelo de Baiona xunto coas súas murallas. Podemos pasear arredor delas e, tamén. por dentro. Podedes dicirlle as vosas familias que vos leven a miralo!
- O Castelo de Soutomaior en Redondela. Tamén se pode visitar e, ademáis, ten uns xardíns moi bonitos.
- O Castelo de Sobroso en Mondariz, que tampouco lle ten nada que envexar aos anteriores.ç
Algúns xogos para traballar estas épocas históricas son os seguintes:
As seguintes épocas serían a Idade Moderna e a Idade Contemporanea, na que apareceron a maioría dos inventos que hoxe en día coñecemos: os trens, os avións, as lámpadas... e en 1492 se descubriu América!!
E de onde saíron todas estas máquinas e ferramentas? Pois inventámolas as persoas.A partir de distintos problemas que se nos foron presentando, tivemos que buscar solucións que deron lugar a inventos como a bombilla, o coche, os teléfonos...
Aquí temos algunha información sobre inventores e os seus inventos:
Aquí vos mostro uns capítulos e fragmentos da serie "Érase una vez..." onde se nos explica a invención dalgúns aparatos:
Un invento moi importante no noso tempo é o ordenador. Con el podemos facer case todo o que imaxinemos: falar con outras persoas, coñecer o que está ocorrendo noutras partes do mundo, ver películas, buscar información, comprar en tendas on-line...
En Coñecemento do Medio estamos traballando as diferentes profesións e os medios de transporte.
Para poder repasalo de maneira divertida atopei uns xogos que seguro que vos van a gustar.
Por un lado, coas profesións temos os seguintes: